Linguas aborixes de Australia

(Redirección desde «Linguas aborixes australianas»)

O termo linguas aborixes de Australia designa un conxunto de linguas faladas nunha extensión xeográfica determinada e non a unha familia lingüística propiamente dita, xa que se refire ó conxunto de idiomas autóctonos (arredor dunhas 200 linguas) que son faladas en Australia e pequenas illas adxacentes polos aborixes australianos e que se poden agrupar en diversas familias.

Linguas aborixes de Australia
Falado en: Australia
Total de falantes: 25 000 -50 000
Familia: Australiana
 Linguas aborixes de Australia
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa

Mapa das linguas en diferentes cores que representan as distintas familias lingüísticas

     Linguas nyulnyulan      Linguas bunaban      Linguas wororan      Linguas jarrakanas      Linguas djamindjungan      Linguas daly      Lingua laragiya      Lingua tiwi      Linguas limilngan      Lingua umbugarla      Linguas giimbiyu      Linguas yiwaidjan      Linguas gunwingguan      Linguas west barkly      Lingua garrwa dentro das linguas pama-nyunganas      Linguas pama-nyunganas

Status

Situación

editar

Case todas estas linguas atópanse ameazadas por procesos de extinción, que se iniciaron cando o inglés comezou a imporse como idioma de comunicación xeneralizado. Para facerse unha idea do precaria que é a súa situación chega con dicir que tan só 5 ou 6 destas linguas contan con máis de 1000 falantes e que practicamente a metade non son faladas por máis de 10 ou 20 persoas. Cada ano, un número importante e crecente de linguas aborixes pasa á listaxe de linguas extintas. Segundo os datos do ano 2008, quedaban vivas 220 linguas das que 25 contaban cunha única persoa falante.

Clasificación

editar

Tradicionalmente, as linguas australianas téñense clasificado nunha ducia de familias e unhas poucas linguas illadas. A familia lingüística de maior distribución é a das linguas pama-nyunganas que se estenden por case todo o territorio australiano agás no norte. Por este motivo e para facer unha clasificación máis sinxela e cómoda, o resto das linguas agrúpanse baixo o termo de linguas non pama-nyunganas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar