Lingua enindhilyagwa

lingua aborixe australiana

A lingua enindhilyagwa (tamén chamada anindilyakwa) é unha lingua aborixe australiana falada polo pobo warnindhilyagwa, que habita en Groote Eylandt, no Golfo de Carpentaria do Territorio do Norte de Australia. No 2001, o goberno australiano identificou máis de 1 000 falantes da lingua,[2] malia que existen informes que sinalan que poderían ser máis de 3 000.

Enindhilyagwa
Outros nomes:Anindilyakwa
Falado en: Australia Australia
Rexións: Groote Eylandt, Territorio do Norte
Total de falantes: 1 486 (2016)[1]
Familia: Australiana
 Pama-nyungana
  Gunwingguan
   Arnhem oriental
    Enindhilyagwa
Escrita: Alfabeto latino
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aoi
Mapa
Status

Malia que tradicionalmente a lingua tiña termos para os números maiores de 20, os falantes máis novos xa non as coñecen.[3][4] No censo de 2016, arredor de 1500 falaban a lingua.[5]

O enindhilyagwa pode estar estreitamente relacionado co nunggubuyu.

Notas editar

  1. "Census 2016, Language spoken at home by Sex (SA2+)". stat.data.abs.gov.au (en inglés). Australian Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 29 de outubro de 2017. 
  2. "Speakers 2001". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2005. Consultado o 17 de xullo de 2005. 
  3. UCL Media Relations, "Aboriginal kids can count without numbers" Arquivado 20 de xuño de 2018 en Wayback Machine.
  4. The Science Show, Genetic anomaly could explain severe difficulty with arithmetic, Australian Broadcasting Corporation
  5. "2016 Census QuickStats: Anindilyakwa (Groote)". www.censusdata.abs.gov.au (en inglés). Australian Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2017. Consultado o 27 de agosto de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar