Groote Eylandt é a illa máis grande do Golfo de Carpentaria e a cuarta illa máis grande de Australia. É a patria de, e é propiedade dos warnindhilyagwa que falan a illada lingua enindhilyagwa.

Groote Eylandt
Groote Eylandt en Territorio do Norte
Groote Eylandt
Groote Eylandt
Situación
PaísAustralia Australia
TerritorioTerritorio do Norte
MarMar de Arafura
Coordenadas14°00′S 136°36′L / -14.000, -136.600
Xeografía
Superficie2.326´1 km²
Longura máxima50 km.
Largura máxima60 km.
Punto máis alto219 m. Central Hill
Distancia a terra50
Demografía
CapitalAngurugu
Poboación1.539 (30-6-2007)
Densidade0´66 hab./km²

Groote Eylandt atópase ao redor de 50 km da costa continental do Territorio do Norte e a costa oriental de Arnhem, preto de 630 km. de Darwin. A illa mide ao redor de 50 km de leste a oeste e 60 km de norte a sur. A súa superficie é de 2.326,1 km². Xeralmente é bastante baixa, cunha altura media de 15 m. sobre o nivel do mar, aínda que Central Hill alcanza unha elevación de 219 m. Foi bautizada polo explorador Abel Tasman en 1644 e en holandés significaba Illa Grande nunha grafía arcaica. En ortografía holandesa moderna é "Groot Eiland".

Administración editar

Xunto coa illa Bickerton e algunhas illas satélites máis pequenas, Groote Eylandt forma Anindilyakwa Ward da Rexión Leste de Arnhem. Contén as comunidades de Angurugu, Alyangula, Umbakumba, Distrito Yadagba, Distrito Uburamudja e Sandy Hill (Groote Eylandt) e Distrito Milyakburra (Illa Bickerton).[1]

Fóra da subdivisión do goberno local está a cidade, da compañía mineira GEMCO, de Alyangula, que é un territorio non incorporado da rexión norteña do Territorio do Norte.

Minería editar

Groote Eylandt é parte da reserva aborixe da Terra de Arnhem. GEMCO, unha empresa conxunta South32 / Anglo American plc, opera unha gran mina de manganeso preto da comunidade de Angurugu. En funcionamento desde principios dos anos sesenta, a mina produce máis de 3,8 millóns de toneladas anuais, ao redor dunha cuarta parte do total mundial.

Pesca editar

Ata hai pouco, a illa estaba aberta ao público só con permiso, e o Aboriginal Land Council non fomentou o turismo. Agora hai un hotel de estilo resort na illa e os visitantes son benvidos. A illa estase facendo famosa polos seus belos sitios de arte rupestre aborixe, artes e oficios e pesca deportiva excepcional, incluíndo peixe vela, marlín, atún, Scomberomorus commerson, Caranx ignobilis, Seriphus politus e troitas de coral.[2]

Ambiente editar

O conxunto de Groote Eylandt e as súas augas circundantes atópanse dentro do Anindilyakwa (Áreas Protexidas Indíxenas). Un illote sen nome da costa do nordés foi clasificado por BirdLife International como unha área importante de aves debido á súa importancia global como un sitio de reprodución.[3]

Historia editar

 
Homes e raparigos aborixes Warnindhilyagwa ao abrigo dun arbusto en Groote Eylandt, 1933

Antes do asentamento europeo, Groote Eylandt estivo habitado por aborixes durante miles de anos e houbera contactos regulares entre os aborixes locais e os comerciantes de Macasar, evidentes nos nomes dalgúns asentamentos de Groote Eylandt, tales como Umbakumba, que se poden remontar a un orixe macasar.[4]

O primeiro avistamento europeo rexistrado de Groote Eylandt foi en 1623, polo buque Arnhem, ao mando de Willem van Coolsteerdt. Con todo, a prevalencia relativa da enfermidade hereditaria de Machado-Joseph na comunidade de Groote Eylandt (unha enfermidade que se atopa principalmente nas Illas Azores) suxeríu a evidencia de contacto cedo con mariñeiros portugueses. Con todo, a análise de haplotipos do xene e a comparación do xene en persoas con enfermidade de Machado do Xapón e enfermidade de Joseph de Portugal demostrou que a enfermidade era en realidade derivada de mariñeiros xaponeses e non de mariñeiros portugueses. Xapón comerciaba cos comerciantes de Macasar e presumiblemente os xenes foron transferidos a eles e posteriormente á xente en Groote Eylandt. A illa recibiu o seu nome actual en 1644, cando chegou Tasman.

O primeiro asentamento europeo na illa estableceuse no río Esmeralda en 1921, en forma dunha misión cristiá. Durante a segunda guerra mundial, en 1943, a misión trasladouse a Angurugu, xa que a RAAF requiriu o uso da pista de aterraxe da misión, as ruínas da base RAAF son aínda evidentes hoxe. En 1856 o conglomerado aborixe local era coñecido como a tribo Jurambunga. A illa tamén utilizouse como base de voo por parte de Qantas durante un período de tempo. En 1979, o control da illa transferiuse ao concello aborixe local. Groote Eylandt converteuse en propiedade dos aborixes logo da aprobación da Lei dos Dereitos da Terra Aborixes (1976). O 20 de maio de 2008, o goberno federal asinou un acordo con aborixes locais de Groote Eylandt para arrendar terras ao goberno durante 40 anos. A cambio, o goberno gastará diñeiro na comunidade co obxectivo de mellorar a vivenda, a educación e a saúde na zona.

Media editar

O boletín "Eylandt Boto" publícase cada quince días. A meta do boletín é manter á comunidade ao día en noticias locais, eventos e recreacións. O "Eylandt Boto" é patrocinado por GEMCO como servizo comunitario. Na actualidade, os habitantes de Groote Eylandt está montando unha estación de televisión que mostra unha variedade diferente de canles patrocinadas por GWN7.

Notas editar

  1. "APH.gov.au" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xuño de 2011. Consultado o 05 de agosto de 2017. 
  2. "Groote Eylandt Fish". www.grootefishing.com.au. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2016. Consultado o 2016-03-24. 
  3. BirdLife International. (2011). Important Bird Areas factsheet: Islet off NE Grooyte Eylandt. Downloaded from http://www.birdlife.org on 2011-07-13.
  4. Cooper, D. "Name change for school", Ayakwa, xuño/xullo 2012, p. 19.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar