Lingua chukchi

(Redirección desde «Lingua Chukoto»)

A lingua chukchi[2] (лыгъоравэтлъэн йилыйил, łygˀoravetłˀɛn jilǝjil), tamén luoravetlana, chukcha é unha das linguas paleosiberianas faladas polos chukchis no punto máis extremo de Siberia, en especial no Okrug Autónomo de Chukotka.

Chukchi
лыгъоравэтлъэн йилыйил
Falado en: Rusia
Rexións: Chukotka
Total de falantes: 7.742 (Censo de Rusia 2002)
Familia: Linguas chukotko-kamchatkanas
 Norte
  Chukchi
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: ckt
Mapa
Status

O chukchi está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]
Un falante de chukchi, gravado en Romanía.

Falantes editar

Conforme o Censo ruso de 2002, cerca de 7.700 (outras [3] estimativas indican hoxe 10.400) dos 15.700 Chukchis falan Chukchi. O coñecemento da lingua Chukchi vén caendo e a maioría dos Chukchis falan ruso e apenas 500 din non falar ruso. O chukchi relaciónase co koryak, e a metade dos chukchis entenden esa lingua. A lingua, xunto co koryak, o kerek, o alutor, o itelmen, forma parte das Linguas chukotko-kamchatkanas.

No "Libro vermello das Linguas en Extinción (Red Book of Endangered Languages) da UNESCO o chukchi está listado como unha lingua en proceso de extinción.

Uso do idioma editar

Moitos dos chukchis aínda usan a lingua como primeiro medio de comunicación, tanto na familia, como nas actividades de pastoreo, crianza de renos e tamén nalgunhas actividades de negocios. O chukchi é tamén usado nos "Media", Radio e Televisión. Porén, o ruso vén aumentando nas actividades administrativas, sendo tamén unha lingua franca nos territorios veciños habitados por non-chukchis, como koryak e iacut. Case todos os chukchis falan ruso, con maior ou menor fluencia e dominio. Na educación, o chukchi é a lingua primeira, na escola elemental, porén, a educación secundaria é en "ruso" mentres que o "chukchi" é só unha materia.

Un escritor chukchi, "Yuri Rytkheu" (1930-2008) adquiriu moita reputación tanto en Rusia como en Europa Occidental, coa maioría dos seus libros escritos en ruso, non en chukchi.

Influencias externas editar

Non hai aínda un estudo definitivo sobre influencias externas no chukchi. Aínda está indefinida a real relación da lingua coas Linguas esquimó-aleutianas. As pescudas son difíciles por mor da falta de suficientes rexistros escritos. A influencia por contacto coa Lingua rusa está a medrar e consiste no uso de palabras rusas e algunha presión na sintaxe superficial. Esta última pódese observar na comunicación escrita, porén, non na conversa cotiá.

Ortografía editar

No inicio do século XX, Vladimir Bogoraz, un revolucionario ruso exiliado en Chukotka, descubriu mostras de escrita pictográfica feitas por Tenevil, un criador de renos. A escrita de Tenevil era da súa invención e nunca foi usada fóra do seu grupo familiar. Ata 1931 non había unha ortografía oficial, aínda que houbo diversas tentativas no século XIX para escribir de textos relixiosos. O Chukchi escribíase orixinalmente no alfabeto latino, porén, en 1930 cambiouse ao alfabeto cirílico. A primeira gramática foi escrita en 1922 por Vladimir Bogoraz. Bogoraz escribiu tamén un estudo etnográfico sobre a lingua. Porén, desde aquela poucos libros e xornais foron escritos en chukchi, A lingua pódese escoitar no radio e na televisión preto dunha hora por día.

Alfabeto Latino para chukchi:

А а Ā ā B b C c D d Е е Ē ē Ә ә
Ә̄ ә̄ F f G g H h I i Ī ī J j K k
L l M m N n Ŋ ŋ O o Ō ō P p Q q
R r S s T t U u Ū ū V v W w Z z
Ь ь

Este é o alfabeto Latino de 24 letras, sen X, sen Y. As 5 vogais preséntanse con e sen Macron (Ā). Engándense as letras Ә, Ә̄, e o sinal gráfico Ь.

En 1937, os Chukchis e outros pobos da URSS foron forzados a usar o alfabeto cirílico, que no inicio era simplemente o usado polos rusos, coa adición das letras antigas К’ к’ e Н’ н’. Nos anos 50, porén, empezaron a ser usadas as letras Ӄ ӄ e Ӈ ӈ, principalmente para fins educativos. Aínda que na prensa só se usaban as letras tradicionais. Na fin dos anos 80, a letra Ԓ ԓ (Л con "gancho")substituíu o Л, para evitar confusión de pronuncia, ata entón con ese Л ruso.

O alfabeto "Chukoto" agora é como segue:

А а Б б В в Г г Д д Е е Ё ё Ж ж
З з И и Й й К к Ӄ ӄ Ԓ ԓ (Л л) М м Н н
Ӈ ӈ О о П п Р р С с Т т У у Ф ф
Х х Ц ц Ч ч Ш ш Щ щ Ъ ъ Ы ы Ь ь
Э э Ю ю Я я '

Trátase do Alfabeto cirílico aumentado coas letras Ӄ ӄ, Ԓ ԓ, Ӈ ӈ e do Diacrítico '. As letras Б, Д, Ж, З, Ф, Х, Ц, Ш, Щ son usadas sómente en palabras de orixe rusa.

Oito combinacións de letras son moi usadas: Йи, Че, Чь, Ле, Лё, Ль, Ль, Лю

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definición de chukchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. http://www.omniglot.com/writing/chukchi.htm "Omniglot"

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Comrie, B. 1981. The languages of the Soviet Union, Cambridge University Press (Cambridge Language Surveys). ISBN 0-521-23230-9 (tapa dura) e ISBN 0-521-29877-6 (tapa branda)
  • Nedjalkov, V. P. 1976. "Diathesen und Satzstruktur im Tschuktschischen". En Studia Gramatika 13, Berlin (G.D.R) (en alemán)
  • Skorik, P. Ja. 1961. Grammatika čukotskogo jazyka: Fonetika i morfologija imennyx častej reči (2 Volumes). Leningrad: Nauka.
  • Bogoras, W. 1922. "Chukchee". In Handbook of American Indian languages II, e. F. Boas, Washington, D.C.

Ligazóns externas editar