Ligue Magnus

máxima categoría do hóckey sobre xeo en Francia

A Ligue Magnus é a máxima categoría do hóckey sobre xeo en Francia, creada na tempada 1906-07. Os campións do campionato reciben a Coupe Magnus. O nivel da liga é considerado xeralmente como intermedio, clasificado no posto 14 dos campionatos europeos pola Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (IIHF).[1]

Ligue Magnus
Fundación1907
Rexión Francia
Equipos14
Actual campiónRouen Dragons de Rouen (13º título)
Máis laureadoChamonix Chamonix HC (30 títulos)
Sitio webwww.liguemagnus.com
Ligue Magnus 2013-2014

Denominacións editar

  • Championnat de France (1907-1930)
  • 1re Série (1930-1973)
  • Série A (1973-1975)
  • Nationale A (1975-1985)
  • Nationale 1A (1985-1990)
  • Ligue nationale (1990-1991)
  • Élite (1991-1992)
  • Nationale 1 (1992-1994)
  • Élite (1994-1996)
  • Nationale 1A (1996-1997)
  • Élite (1997-2002)
  • Super 16 (2002-2004)

Equipos editar

Nome Cidade Estadio (capacidade) Fundación En LM dende Posición Campionatos
Gothiques d’Amiens   Amiens Coliséum (3.400) 1967 1982-83 6º (non clasificado) 2
Ducs d’Angers   Angers Patinoire du Haras (1.033) 1982 1992-93 1º (finalista) 0
Diables rouges de Briançon   Briançon Patinoire René Froger (2.150) 1934 2002-03 3º (semifinalista) 0
Chamois de Chamonix   Chamonix Centre Sportif Richard Bozon (1.700) 1910 2005-06 4º (cuartofinalista) 30
Ducs de Dijon   Dijon Patinoire Trimolet (1.200) 1969 2002-03 5º (rolda preliminar) 0
Étoile noire de Strasbourg   Estrasburgo L’Iceberg (1.600) 2000 2006-07 11º (cuartofinalista) 0
Dauphins d’Épinal   Épinal Patinoire de Poissompré (1.000) 1968 2003-04 12º (semifinalista) 0
Brûleurs de loups de Grenoble   Grenoble Pôle Sud (3.496) 1963 2000-01 9º (cuartofinalista) 6
Pingouins de Morzine   Morzine-Avoriaz Škoda Arena (1.280) 1963 2004-05 7º (cuartofinalista) 0
Scorpions de Mulhouse   Mulhouse Patinoire de L’Illberg (1.600) 1997 1984 13º (non clasificado) 0
Dragons de Rouen   Ruán L’Île Lacroix (2.747) 1982 1985-86 2º (campión) 13
Rapaces de Gap   Gap Stade de glace Alp'Arena (2.700) 1937 2009-10 8º (rolda preliminar) 2
Ours de Villard-de-Lans   Villard-de-Lans Patinoire André Ravix (2.000) 1931 2002-03 10º (rolda preliminar) 0
Drakkars de Caen   Caen Patinoire de Caen la mer (1.400) 1968 2010-11 14º (non clasificado) 0

As posicións corresponden ao final da fase regular da tempada 2012-13. Entre paréntese sinálase a posición final ou a rolda de play-off.

Notas editar

  1. "Désignation du rang des championnats par l’IIHF". www.planetehockey.com. Arquivado dende o orixinal o 03-11-2013. Consultado o 31-10-2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar