Ligadura de trompas

A ligadura de trompas é un método anticonceptivo de esterilización e, polo tanto, permanente, consistente na ligadura e sección das trompas de Falopio da muller, de maneira que non poden poñerse en contacto os espermatozoides co óvulo (ovocito).

Descrición

editar

Non altera o proceso hormonal e, por tanto, non interfire as relacións sexuais nin na libido. Non é reversíbel, é dicir, que se unha muller que se fixo unha ligadura de trompas non poderá procrear fillos se máis adiante cambia de idea.

Trátase dunha intervención máis complicada que no caso da vasectomía dos homes, tanto se se practica mediante laparotomía ou laparoscopia, e pódese realizar con anestesia xeral ou epidural[1]

A eficacia da ligadura de trompas é do 99'5 %, é dicir, que de cada duascentas mulleres con ligadura de trompas, hai un embarazo nun ano. Esta eficacia é inferior á da vasectomía, e tamén doutros métodos anticoncepivos temporais e reversíbeis, como por exemplo o DIU de levonorxestrel ou o implante subcutáneo de xestáxeno, o anticonceptivo máis eficaz, segundo un estudo.[2]

Outro método anticonceptivo feminino definitivo, tamén nas trompas de Falopio, é a obstrución tubárica definitiva ou dispositivo Essure.[1]

  1. 1,0 1,1 Métodos anticonceptivos permanentes Arquivado 28 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. APFCIB, Associació de planificació familiar de Catalunya i Balears (en catalán).
  2. Axencia EFE, publicado en Mujer Hoy, 2 de setembro de 2009 Arquivado 03 de setembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • World Health Organization, AVSC International (1994): Medical Eligibility Criteria for Sterilization, Annotated Summary, Draft. Nova York: AVSC International.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar