Licaonia (latín Lycaonia, grego Λυκαονία) foi unha rexión de Asia Menor, ao norte dos montes Tauros,[1] ao sueste de Frixia e na parte occidental de Capadocia. Baixo dominio romano en xeral pertenceu a Capadocia. Os seus habitantes serían os licaóns (pobo) ou licaonios (xentilicio). É mencionada entre o século V a.C. e o século VI.

Modelo:Xeografía políticaLicaonia

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 40°N 30°L / 40, 30Coordenadas: 40°N 30°L / 40, 30

Rexións antigas de Anatolia.

O nome de Lycaonia aparece nas fontes sobre a expedición de Ciro o Novo. En grego, Λυκαωνία = Lykaônia significa "terra de lobos";[2] para os gregos, este territorio pertencía á Gran Frixia.

Límites editar

Os límites da rexión son imprecisos pero, en grandes trazos, tiña Pisidia ao oeste (entre ambos territorios o país dos milios, de orixe tracia); Galacia ao norte; Capadocia ao leste; e Isauria (parte occidental de Cilicia) ao sur.

Descrición física editar

Era un país chan con montañas na parte norte e sur. Os ríos eran pouco importantes e tiña un lago de sal importante chamado Tatta.

Cidades editar

As principais cidades serían Iconium, Derbe ou Claudia Derbe, Laranda (actual Karaman, que pertenceu antes ao reino de Commagene), Laodicea Combusta (Ladik) e Lystra (Listra); outras cidades serían Barata, Hyde, Antioquiana, Dalisandus, Parlais, Tryaeum, Savatra ou Soatra, Vasata, Coropassus e Arycanda (a cidade dos milios); Lystra e Parlais serían colonias desde comezo da nosa era e Iconium en tempos de Hadriano.

Historia editar

A invasión frixia da Asia Menor desde Tracia substituíu a poboación local que, porén, por uns séculos conservou a súa lingua (os frixios falaban unha lingua indoeuropea: o frixio).

Licaonia pertenceu a Persia desde a segunda metade do século IV a.C. (a rexión foi sometida por Ciro II) e foi integrada na satrapía III, máis alá da de Katpatuka (Capadocia).

Caeu en poder de Alexandre o Grande o -334, e á súa morte pasou sucesivamente a Pérdicas (rexente de Asia) o -322, a Antígono (-321, rei desde o -306) e Seleuco I Nicátor (-301). Formou parte do Imperio Seléucida ata o -189 se ben do -244 ao -228 formou parte do reino de Cilicia que se creara para Antíoco Híerax (-244 - -227). Sobre o -228 caeu en mans do rei de Pérgamo, pero sobre o -223 foi reconquistada polos seléucidas, que a conservaron ata a batalla de Magnesia do Sipilos (-190) perdéndoa nos seguintes meses, e quedando incorporada a Pérgamo pola paz ou tratado de Apamea (-188). Sobre o -158 unha parte (ao norte) foi incorporada á tetrarquía de Galacia.[3]

Incorporado o reino de Pérgamo a Roma, Licaonia formou parte da provincia de Asia se ben unha parte (o oriente) foi transferida a Capadocia (e formou a undécima provincia). O -64 Cneo Pompeio reorganizou a administración despois das Guerras mitridáticas, e Licaonia quedou repartida, coa parte norte definitivamente incorporada a Galacia, a parte leste a Capadocia e o resto á provincia de Cilicia.

Sobre o comezo do século II foi separada de Cilicia e unida á provincia de Capadocia por Traxano. O 284, na reorganización de Diocleciano, quedou dentro da provincia de Pisidia, pero no 371 converteuse en provincia separada con capital en Iconium (a moderna Konya).[4] Aínda era provincia separada en tempo do emperador bizantino Xustiniano.

Notas editar

  1. Sanz Domingo 2010, p. 273
  2. Costanzo 1857, p. 244
  3. Iglesias González 2012, p. 545
  4. Rand 2006, p. 366

Véxase tamén editar

Bibliografía editar