Li Lienfung

química e escritora singapuriana


Li Lienfung, nada en Shanghai o 8 de maio de 1923[1] e finada o 3 de agosto de 2011[2], foi unha química e escritora singapuriana. Foi unha escritora bilingüe en inglés e chinés, coñecida polas súas obras de teatro, relatos e pola súa columna xornalística "Bamboo Green".

Modelo:BiografíaLi Lienfung
Biografía
Nacemento8 de maio de 1923 Editar o valor en Wikidata
Shanghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Morte3 de agosto de 2011 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Hospital da Universidade Nacional de Singapur Editar o valor en Wikidata
EducaciónMills College
Universidade Cornell Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica, escritora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHo Rih Hwa Editar o valor en Wikidata
FillosHo Kwon Ping Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

O seu pai, Li Kuo Ching, deixou a familia e foi traballar aos Estados Unidos de América, e a nai -que non podía viaxar alá- quedou coidando da familia na China.[3] Cando a China foi invadida polo Xapón en 1937 mudáronse a Hunan, e despois a Hong Kong.[1]

En 1940 comezou os seus estudos no Mills College (Oakland, California), onde se graduou en Química.[1] Comezou a traballar nunha planta de esmaltado de aluminio en Nova Jersey como asistente de laboratorio.[4] Comezou a estudar química orgánica no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), pero pasou á Universidade Cornell, onde rematou en 1946 un mestrado en Literatura Popular Chinesa.[4][5]

En xullo de 1946 casou con Ho Rih Hwa, tamén estudante de Cornell.[1] Por entón reconciliouse co seu pai[1] En 1948 o seu pai conseguiulle traballo en Bangkok analizando mineral de volframio, que el exportaba comerciando a través da Wah Chang Corporation.[4][1] En 1949 a familia mudouse a Yangon.[1] Despois, Li axudou o seu pai a establecer fábricas de tapioca e outros proxectos relacionados coa industria alimentaria.[4] Logo de ser nai en 1952 Li regresou á empresa, da que chegou a ser vicepresidenta.[1] O seu marido foi nomeado embaixador de Singapur en Tailandia en 1967.[4] Despois foi destinado a varios países de Europa, onde viviron até que a comezos da década de 1970 se estableceron en Singapur.[4]

Recoñecementos

editar

En 2014 foi incluída no Salón da Fama das Mulleres de Singapur.[3]

Vida persoal

editar

Tivo unha filla e dous fillos, a escritora Minfong Ho[6], o empresario Ho Kwon Ping[7] e o empresario Kwon Cjan.[4]

En 1971 publicou a obra de teatro The Sword Has Two Edges, versión cómica da novela histórica do século XIV San Guo Shi Yan Yi ("O romance dos tres reinos").[5] D. Murugan, membro do Grupo de Teatro Experimental, levou adiante a representación da obra en 1977[8][5].
Entre 1979 e 1984 publicou a columna "Bamboo Green", en inglés e chinés, na publicación The Straits Times.[9] En 1986 publicouse A Joss Stick for My Mother, antoloxía das columnas.[3] Li retomou o proxecto entre 1993 e 1998.[9][2] A columna levaba á poboación de Singapur a historia, literatura e cultura da China.[9] Entre 1998 e 2008 Li escribiu unha columna en chinés na publicación Lianhe Zaobao.[2]

  • The Sword Has Two Edges (teatro, 1971)
  • Trials and Turbulence of the Twilight Years (teatro, 1978)
  • The Late Storm (teatro, estreada en 1981)[10]
  • A Daughter Remembers (autobiografía, 2010)[3]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Chua, Alivin. "Li Lienfung". Infopedia Singapore. National Library Board Singapore. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Lim, David (5 de agosto de 2011). "Bilingual writer Li Lienfung dies at 88". Asia One. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Li Lienfung". Singapore Women's Hall of Fame (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Stevenson, Sarah (31 de marzo de 2011). "Around the World in 80 Years". Mills Quarterly 99. pp. 14–15. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mahbubani, Gretchen (8 de marzo de 1980). "The woman behind 'The Sword'". The Straits Times. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  6. Koh, Tai Ann (2012). "Ho Minfong". En Suryadinata, Leo. Southeast Asian Personalities of Chinese Descent: A Biographical Dictionary, Volume I & II (en inglés). Institute of Southeast Asian Studies. p. 340. ISBN 9789814345217. 
  7. Tan, Kevin Y.L. (2012). "Ho Kwon Ping". En Suryadinata, Leo. Southeast Asian Personalities of Chinese Descent: A Biographical Dictionary, Volume I & II (en inglés). Institute of Southeast Asian Studies. p. 336. ISBN 9789814345217. 
  8. Tan, Corrie (22 de xullo de 2014). "One of Singapore’s first English political plays, Are You There, Singapore?, might never have seen light of day". The Straits Times (en inglés). Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Lee, San Chouy (26 de xullo de 1993). "Li's Personal Glimpses". The Straits Times. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2017. 
  10. Fan, Yi Fu (17 de decembro de 1981). "Play highlights problems of aged in modern society". The Straits Times. Consultado o 29 de novembro de 2017.