Abrir o menú principal

Li Keqiang

Primeiro Ministro da República Popular China

Li Keqiang (en chinés: 李克強; pinyin: Lĭ Kèqiáng), nado en Dingyuan, Anhui o 1 de xullo de 1955, é dende o 15 de marzo de 2013 o primeiro ministro chinés[1] e secretario do Partido no Consello de Estado da China. Ademais é o segundo membro máis importante do Comité Permanente do Buró Político, e de facto o responsable da toma de decisións de maior rango do país.

Li Keqiang
Li Keqiang-19052015.png
Nacemento1 de xullo de 1955
 Dingyuan County
NacionalidadeRepública Popular da China
EtniaHan
Alma máterUniversidade de Pequim
Ocupaciónpolítico, economista e Xefe de goberno
PaiLi Fengsan
CónxuxeCheng Hong
IrmánsLi Keming
PremiosNishan-e-Pakistan
editar datos en Wikidata ]

Li foi dirixente da liga da Mocidade Comunista da China; graduouse en Dereito na Universidade de Pequín en 1982. Dende 1998 até 2004 exerceu o cargo de gobernador da provincia de Henan e entre 2004 e 2008 foi secretario xeral do PCCh na provincia de Liaoning.

Dende 2008 até 2013 Li exerceu o cargo de principal viceprimeiro ministro. Durante ese período, como man dereita do primeiro ministro Wen Jiabao, os temas da súa competencia incluían desenvolvemento económico, control de prezos, finanzas, cambio climático, e xestión macroeconómica.[2] Li é considerado como un dos integrantes da "quinta xeración" de dirixentes comunistas chineses.

NotasEditar

  1. Li Keqiang, novo primeiro ministro chinés
  2. Mingxin (15 de novembro de 2012). "China's new top Party leaders make debut". China.org.cn. Consultado o 22 de novembro de 2012. 

Véxase taménEditar