Primeiro ministro da República Popular da China

O primeiro ministro do Consello de Estado da República Popular da China, é o xefe do Consello de Estado da China, e por tanto, xefe de goberno da República Popular da China.

Primeiro ministro da República Popular da China
中华人民共和国国务院总理
National Emblem of the People's Republic of China (2).svg
Li Keqiang-19052015.png
Titular
Li Keqiang
Dende o 15 de marzo de 2013

Designado porAsemblea Popular Nacional
Nomeado porPresidente
Creación27 de setembro de 1954 (Consello de Estado da RPC)
1 de outubro de 1949 (Consello de Administración do Goberno Popular Central))}
Primeiro titularZhou Enlai

O primeiro ministro é nomeado polo presidente e votado pola Asemblea Popular Nacional. Tanto o presidente como o primeiro ministro son elixidos cada cinco anos. O primeiro ministro ten un límite de dous mandatos e ata o de agora foi sempre un membro do Comité Permanente do Buró Político do Comité Central do Partido Comunista da China.

O actual primeiro ministro é Li Keqiang, tomou posesión do cargo o 15 de marzo de 2013 sucedendo a Wen Jiabao.[1]

Poderes e deberesEditar

O primeiro ministro é o cargo administrativo máis alto no Goberno da República Popular da China. É responsable de organizar e administrar a burocracia civil chinesa. Por exemplo, o primeiro ministro ten a que xestionar a ordenación e aplicación do desenvolvemento económico e social nacional e o orzamento estatal.[2] Isto inclúe supervisar os diferentes ministerios, departamentos, comisións e axencias estatais e anunciar as súas candidaturas á Asemblea Popular Nacional para viceprimeiros ministros, conselleiros estatais e cargos ministeriais. Os poderes do primeiro ministro e as súas responsabilidades están especificados na Constitución.

O primeiro ministro non ten o mando supremo do Exército Popular de Liberación, mais é o xefe da Comisión de Mobilización da Defensa Nacional da China e xefe da Comisión de Seguridade Nacional, que son departamentos das forzas armadas. Dende a década de 1980, houbo unha división de responsabilidades entre o primeiro ministro e o Secretario Xeral do Partido Comunista na que o primeiro ministro quedou como responsábel dos detalles técnicos da aplicación da política de goberno mentres o Secretario Xeral reúne o apoio político necesario para a política de goberno.

O primeiro ministro está apoiado por catro viceprimeiros ministros dende a reforma de Deng Xiaoping en 1983. O primeiro deles actuará no lugar do primeiro ministro en caso de ausencia.

Lista de primeiros ministrosEditar

Li KeqiangWen JiabaoZhu RongjiLi PengZhao ZiyangHua GuofengZhou Enlai

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. "Li Keqiang sustituye a Wen Jiabao como primer ministro de China". El País (en castelán). 15 de marzo de 2013. Consultado o 19 de xuño de 2019. 
  2. http://english.people.com.cn/constitution/constitution.html, Sección 3, Artigo 88 e Artigo 89. (en inglés)