Gaivota de Franklin

ave da familia dos láridos
(Redirección desde «Leucophaeus pipixcan»)
Gaivota de Franklin

Exemplar da gaivota de Franklin
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Laridae
Xénero: Leucophaeus
Especie: L. pipixcan
Nome binomial
Leucophaeus pipixcan
(Wagler, 1831, México)
Sinonimia

Larus pipixcan

A gaivota de Franklin[2][3] (Leucophaeus pipixcan) é unha ave pertencente á familia dos láridos.

Leucophaeus pipixcan

Características editar

Os individuos desta especie tardan dous anos en acadar a plumaxe de adultos.[4] Ten tamaño semellante á gaivota chorona[4]. É moi semellante á gaivota chorona americana, mais a gaivota de Franklin é máis pequena, coa forma corporal máis compacta e o peteiro máis pequeno e máis avermellado[4]. Nos adultos e en voo, a gaivota de franklin presenta as ás e a cola cun gris máis claro. Ademais, presenta unha pequena franxa branca que separa a punta das ás negras do resto, de ton agrisado[4].

Distribución editar

Cría nas marismas da Norteamérica occidental[5]. Dende os grandes lagos ata a costa do pacífico. Migra polo centro dos Estados Unidos e o norte de México ata a costa pacífica de Suramérica.[5] Inverna entre Panamá e o sur de Chile. É a divagante máis rara en Europa, sobre todo atópase nas Illas Británicas.[5] As citas da Península Ibérica redúcesen a algún avistamento puntual e en anos concretos.[5]

Notas editar

  1. BirdLife International (2012). "Larus pipixcan". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Xosé M. Pernas Patiño, Carlos Pedreira López, Calros Silvar (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. p. 238. 
  3. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Paterson, Andrew M (1997). Lyns edicions, ed. Las aves marinas de España y Portugal. ISBN 84-87334-21-0. 

 
 Este artigo sobre aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.