Leptocleidus
Leptocleidus Rango fósil: Cretáceo Inferior | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Leptocleidus é un xénero extinto de pliosauroides leptocleídidos[1] que viviron no Cretáceo, no que hoxe é Inglaterra, Australia e Suráfrica.[2] É o único pliosauro coñecido achado nos sedimentos da illa de Wight.
Etimoloxía
editarO termo Leptocleidus significa "clavícula delgada". Provén da derivación das palabras gregas λεπτοσ, que significa "delgado" eκλειδ (tamén escrito como κλεισ) que significa clavícula.
Descrición
editarCon grandes clavículas, interclavículas e escápulas pequenas, Leptocleidus parecíase a Rhomaleosaurus do Xurásico Inferior e ós membros da familia do Cretáceo Polycotylidae. Este animal tiña 21 dentes a cada lado dos seus maxilares e aproximadamente 35 dentes de cada lado da súa mandíbula. O cranio de forma triangular de Leptocleidus tiña unha crista saxital correndo dende un bordo sobre o final do nariz á rexión nasal. A diferenza doutros pliosauroides, Leptocleidus tiña costelas cervicais cunha soa cabeza e unha profunda depresión no centro das vértebras do pescozo. Leptocleidus medía de media 3 metros de lonxitude. Porén, Leptocleidus superstes era case un 50% máis pequeno (1,5 metros) polo que era a especie máis pequena.
Notas
editar- ↑ Smith AS, Dyke GJ. 2008. The skull of the giant predatory pliosaur Rhomaleosaurus cramptoni: implications for plesiosaur phylogenetics. Naturwissenschaften e-published 2008.
- ↑ Ketchum, H. F., and Benson, R. B. J. "Global interrelationships of Plesiosauria (Reptilia, Sauropterygia) and the pivotal role of taxon sampling in determining the outcome of phylogenetic analyses" 85 (2). PMID 20002391. doi:10.1111/j.1469-185X.2009.00107.x.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- O'Keefe F. R. (2001). "A cladistic analysis and taxonomic revision of the Plesiosauria (Reptilia: Sauropterygia)". Acta Zoologica Fennica 213: 1–63.