Lepidopodinos
Lepidopodinae
Sabres, peixes sabre

Lepidopus caudatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Perciformes
Suborde: Scombroidei
Familia: Trichiuridae
Subfamilia: Lepidopodinae
Gill, 1863

A dos lepidopodinos (Lepidopodinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, unha das tres nas que se subdivide a familia dos triquiúridos.[1][2]

Os peixes desta subfamilia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[3]

As especies da subfamilia, algunhas de interese pesqueiro, son coñecidas vulgarmente como sabres,[4][5] ou peixes sabre.[6]

Taxonomía editar

Descrición editar

A subfamilia foi descrita en 1863 polo ictiólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]

Etimoloxía editar

O nome da subfamilia está construído normalmante, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Lepidopus, engadíndolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

Clasificación editar

Non hai unanimidade entre os autores na sistemática desta subfamilia. Así, temos, en diferentes bases de datos, os seguintes xéneros, coas especies que se indican:

Segundo o WoRMS editar

Subfamilia Lepidopodinae

Segundo o ITIS editar

Subfamilia Lepidopodinae [11]

Segundo o NCBI editar

Lepidopodinae [16]

En Galicia editar

En augas galegas aparece citada a especie Lepidopus caudatus, a primeira vez en 1935 por de Buen e, posteriormente, por outros autores, como Fernández et al. en 1978, que a rexistra desde a foz do Miño até Fisterra, Fariña et al., en fondos da plataforma continental de menos de 200 m, desde a Estaca de Bares até Ribadeo, ou Solórzano et al., en 1988, en foindos da plataforma continental desde a foz do Miño até Ribadeo.[6]

Nomes galegos editar

Rodríguez Villanueva el al., na súa Guía, danlle a esta especie o nome de peixe sable (sic) que, por outra parte, pode confundirse coa especie Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758, á que lle adxudican o mesmo nome galego.[6]

Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, designan esta especie como sabre prateado, e admiten como sinónimos galegos peixe sabre e peixe sabre prateado.[5]

Estes últimos autores consideran tamén a especie Lepidopus xantusi (Goode & Bean, 1895), á que denominan sabre de ollos grandes, dando como sinónimo cola de cabelo (?).[5] Pero o WoRMS identifica a especie Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896 con Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788).[17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Lepidopodinae Gill, 1863 no WoRMS.
  2. Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS.
  3. Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.
  4. sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
  5. 5,0 5,1 5,2 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
  6. 6,0 6,1 6,2 Lepidopus cuadatus (Euphrasen, 1788), en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.
  7. Assurger Whitley, 1933 no WoRMS.
  8. Eupleurogrammus Gill, 1862 no WoRMS.
  9. Evoxymetopon Gill, 1863 no WoRMS.
  10. Lepidopus Goüan, 1770 no WoRMS.
  11. Lepidopodinae no ITIS.
  12. Assurger Whitley, 1933 no ITIS.
  13. Eupleurogrammus Gill, 1862 no ITIS.
  14. Evoxymetopon Gill, 1863 n o ITIS.
  15. Tentoriceps Whitley, 1948 no ITIS.
  16. Lepidopodinae no NCBI.
  17. Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896 no WoRMS.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar