Leandro Carrillo Cabanas
guerrilleiro antifranquista galego
Leandro Carrillo Cabanas, nado en Budiño (O Pino) o 1 de xaneiro de 1908 e finado en Moar (Frades) o 30 de xaneiro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xaneiro de 1908 Budiño, España |
Morte | 30 de xaneiro de 1948 (40 anos) Moar, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis, labrego |
Traxectoria
editarLabrego veciño de San Migueliño (Budiño). Enlace da guerrilla antifranquista, que tiña un acubillo no Castro de San Migueliño. Foi asasinado pola Garda Civil o 30 de xaneiro de 1948 entre A Garabanxa e O Barazón (Moar). Os veciños atoparon o cadáver e chamaron a Garda Civil, que ordenou o traslado a butilla da igrexa de Moar. Ao día seguinte apareceu o forense e e soterraron o cadáver no adro da igrexa de Moar sen a presenza da familia, que o estaba buscando.
Vida persoal
editarCasou con María Naveiro Ramos, e tiña cinco fillos: Carnen, Dolores, Raúl, Estrella e Manuel Carrillo Naveiro.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 94–95.
Ligazóns externas
editar- Censo das mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952) Arquivado 03 de xuño de 2018 en Wayback Machine.