Leandro Bolmaro

baloncestista arxentino

Leandro Nicolás Bolmaro, nado o 11 de setembro de 2000 en Las Varillas, é un xogador profesional de baloncesto arxentino. Cunha altura de 2,06 m xoga nas posicións de escolta e ala para o FC Bayern München da Basketball Bundesliga e a Euroliga.

Leandro Bolmaro
FC Bayern München  – No. 10
Información persoal
Nacemento 11 de setembro de 2000 (23 anos)
Las Varillas
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
NBA Draft 2020 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por New York Knicks
Carreira 2017−presente
Historial de equipos
Estudiantes de Bahía Blanca (2017–2018)
FC Barcelona (2018–2021)
FC Barcelona B (2018–2020)
Minnesota Timberwolves (2021–2022)
Iowa Wolves (2021–2022)
Utah Jazz (2022–2023)
Salt Lake City Stars (2022–2023)
CB Canarias (2023)
FC Bayern München (2023–presente)

Traxectoria editar

Bolmaro foi escollido na 23ª posición do Draft da NBA de 2020 polos New York Knicks,[1] pero os Knicks traspasaron os seus dereitos ós Minnesota Timberwolves nun traspaso entre tres equipos.[2] O 18 de setembro de 2021, Bolmaro asinou un contrato de rookie cos Timberwolves.[3] Bolmaro debutou na NBA o 20 de outubro de 2021 na vitoria dos Timberwolves por 124-106 contra os Houston Rockets.

O 6 de xullo de 2022, os Timberwolves traspasaron a Bolmaro ós Utah Jazz xunto a Patrick Beverley, Jarred Vanderbilt, Malik Beasley, e os dereitos do Draft de Walker Kessler, ademais de catro elección da primeira rolda do Draft e un intercambio de eleccións da primeira rolda do Draft de 2026, a cambio de Rudy Gobert.[4] O 16 de febreiro de 2023, Bolmaro e os Jazz acordaron o remate do contrato do xogador.[5]

O 2 de marzo de 2023, Bolmaro asinou co Lenovo Tenerife da Liga ACB.[6]

Notas editar

  1. Vega, Julio (18 de novembro de 2020). "NBA draft 2020: Four things to know about Argentine prospect Leandro Bolmaro, taken No. 23 overall". USA Today. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  2. "Minnesota Timberwolves Acquire Ricky Rubio And Draft Rights To Jaden McDaniels From Oklahoma City And Draft Rights To Leandro Bolmaro From New York". NBA.com. 20 de novembro de 2020. Consultado o 21 de novembro de 2020. 
  3. "Timberwolves Sign Leandro Bolmaro". NBA.com. 18 de setembro de 2021. Consultado o 19 de setembro de 2021. 
  4. "Minnesota Timberwolves Acquire Center Rudy Gobert from Utah Jazz". www.nba.com (en inglés). Consultado o 2022-07-06. 
  5. "Jazz Waive Leandro Bolmaro". NBA.com. February 16, 2023. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 
  6. "El Lenovo Tenerife ficha a Leandro Bolmaro". CB Canarias. Consultado o 2 de marzo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar