Leña Verde foi un grupo de música tradicional galega do concello de Pol. O nome foi escollido no ano 1994 polos fundadores da actual Asociación Cultural e do grupo como recordo e recoñecemento aos integrantes dunha formación escolar homónima que existira no concello de Pol durante os anos 50 e 60. Aquela iniciativa foi promovida polo mestre Daniel Pérez, que exercía a docencia na escola de Luaces moi preto de Mosteiro. No seu comezo (1955) encargáronse de tocar os adultos Manuel Vázquez (gaita), José Iglesias (caixa) e José Domínguez (bombo), xa falecido; mentres que Daniel Pérez instituía ao alumnado que bailaba. Esta formación actuaba nos descansos das montaxes teatrais que realizaba con xente maior o mestre Pérez.

Leña Verde
OrixePol, Galicia Galicia
Xénero(s)música tradicional galega
Na rede
lenhaverde.com

No 1958 descomponse o grupo de baile e Leña Verde conserva tan só a parte musical, participando Manuel Expósito, Francisco Balado e Sergio Villavella como gaiteiros; Ricardo Piñeira, co tamboril; Manuel Fernández co bombo ; e José Freire e José A. Brañanova, coa pandeireta. Para preparar aos novos músicos, o mestre, que tiña coñecementos musicais pero non sabia tocar a gaita, toma contacto con Antón Corral, ilustre home da música galega que daquela se atopaba en Lugo, para que viaxase desde a capital para impartir clase. O grupo realiza actuacións pola comarca ata que, a comezos dos anos 60, o falecemento do mestre e impulsor, fai que a formación desapareza, continuando viva na memoria dos veciños deste concello ata hoxe.

Daquela formación orixinal segue no grupo actual Maruja Rielo desenvolvendo tarefas de produción.

Discografía

editar

Leña Verde de Pol (1998)

editar

Gravación que reflicte o traballo dos primeiros anos da existencia de grupo, composta por sete temas tradicionais e tres do autor.

  1. "A Esperenuca" (3:31). Bernardo del Río.
  2. "Mazurca de Bretoña" (1:55). Tradicional.
  3. "Rumbas" (4:35). Tradicional / Antón Corral.
  4. "O Porrón" (3:30). Tradicional.
  5. "Foliada de Carril". (3:43). Tradicional.
  6. "Miña xoia". (2:24). Javier Rodríguez.
  7. "Xota da Mahía". (2:47). Emilio Corral.
  8. "Farsa de Carril". (3:54). Tradicional.
  9. "Valse dos Vellos". (3:50). Tradicional.
  10. "Foliada en Caraño". (4:04). Tradicional.

Lares (2003)

editar

Álbum con dez cortes (cinco tradicionais e cinco de autor), no cal Leña Verde se acerca a unha sonoridade folk tradicional que dá continuidade á do disco anterior, aínda que cunha intención dun maior grado de organización no desenvolvemento dos temas.

  1. "Airiños de Pol" (3:59). Javier Rodríguez. Adicada ao noso concello, a composición é unha muiñeira composta polo gaiteiro e saxofonista do grupo.
  2. "Carballeira" (1:55). Tradicional / Óscar Trigo. Foi iniciativa de José Antonio Brañanova, un dos membros históricos de Leña Verde; que se elaborou a partir dunha melodía tradicional que aparece nos cancioneiros con numerosas varientes tanto na música coma no texto.
  3. "Pasacorredoiras da Feira" (2:40). Óscar Trigo. Hai tres anos Leña Verde participou no Festival de Espargo, en Sta. María da Feira (Portugal e dedicaron esta peza aos amigos que fixeron nesa viaxe ao país irmán.
  4. "Maruxa" (5:13). Tradicional. Esta muiñeira é un dos primeiros temas que incorporaron ao seu repertorio.
  5. "Pregaria". (2:33). Autor descoñecido.
  6. "Foliada de Monforte". (3:20). Tradicional. É unha das pezas máis antigas do repertorio.
  7. "Avelaíña". (6:00). Darío Tella. Este tema é un vals composto por un dos acordeonistas.
  8. "Na Festa das caldas". (4:20). Tradicional. É un tema de transmisión oral o que fai que poida ter letras distintas. Nesta peza aparecen as voces de Andrea e Uxía Rodríguez.
  9. "Rapsodia galega". (5:42). Tradicional / Xoán Montes. Recopilada por Javier é un percorrido instrumental polos cantos tradiconais.
  10. "Troula de Campañó". (3:58). Tradicional. É a letra dunha canción popular que eles arranxaron en versión instrumental.

A contratempo (2010)

editar
  1. "A contratempo" (1:42). Naír G. Abellaira / Óscar Trigo.
  2. "Albor en Hío" (4:10). Tradicional / Óscar trigo.
  3. "Vira o vento e muda a sorte" (3:47). Carlos Abraira.
  4. "Cantarela" (2:59). Tradicional / Begoña Coya. Neste tema introdúcense as voces de Noemi Basanta e Begoña Coya co único acompañamento das pandeiretas que elas mesmas tocan.
  5. "Porto Rielo". (2:30). Óscar Trigo.
  6. "A Farruca". (2:54). Tradicional / Javier Rodríguez.
  7. "Rumba das nenas". (5:52). Tradicional / Óscar Trigo. Outra canción na que contan coas voces de Noemi e Begoña, e tamén coas guitarras eléctricas e acústicas de Dani Flaco.
  8. "Lembranzas". (4:04). Javier Rodríguez. É un pasodobre no cal o autor se inspira nos recordos da súa vida musical como gaiteiro, acordeonista, saxofonista e compositor.
  9. "O burriño". (3:50). Pedro Lamas. É unha muiñeira dun dos gaiteiros máis importantes do país, Pedro Lamas; que o grupo toca coa colaboración de Bruno Villamor, quen tanto na música tradicional galega como no campo da interpretación e composición.
  10. "Malpica". (4:17). Tradicional / Óscar Trigo.
  11. "Auga en Marte".(3:31). Darío Tella / Carlos Abraira.
  12. "Panadeiro de Berlán". (4:58). Tradicional / Óscar Trigo.