Latin metal
O latin metal é unha denominación dentro do heavy metal atribuída a aqueles grupos que teñen unha orixe, influencias ou instrumentacións adaptadas dende a música latina, como por exemplo a inclusión de voces en español, instrumetos de percusión latina e ritmos adaptados dente outros xéneros como a salsa. A súa orixe remóntase aos anos 1970 e 1980 en países de Latinoamérica grazas a cada vez maior influencia e popularidade mundial do heavy metal e do rock da época.[1] Nos Estados Unidos comezou a destacar comercialmente a partir dos anos 1990, con diversos selos discográficos buscando beneficiarse da medrante popularidade do pop latino,[2] coma por exemplo na compilación Metalo do selo Grita! Records, que incluíu temas de Ill Niño e Puya entre outros.[3]
Latin metal | |
---|---|
Orixe musical | Heavy metal, música latina |
Orixe cultural | Finais dos anos 1970 en Latinoamérica |
Instrumentos típicos | Guitarra eléctrica, baixo, batería, voz, percusión latina |
Grupos como Sepultura e Soulfly adoitan citarse como predecesores deste estilo.[4] Ill Niño é probablemente o expoñente máis coñecido do xénero, ao acadar certo éxito comercial cos seus dous primeiros álbums e obter unha forte difusión radiofónica en diversas zonas dos Estados Unidos, coma por exemplo na área de San Antonio.[5]
Notas
editar- ↑ Wallach, Jeremy; Berger, Harris M.; Greene, Paul D. (2011). Metal Rules the Globe: Heavy Metal Music Around the World (en inglés). Duke University Press. p. 44. ISBN 9780822347330.
- ↑ Burr, Ramiro (24 de xuño de 2000). "Are You Ready to Rock Pesado? Latinos Struggle to Prove their Metal". Billboard 112 (26): 52–54. ISSN 0006-2510.
- ↑ MTV news staff (25 de xuño de 1999). "Puya, Armored Saint Lead Latin Metal Surge On Metalo". MTV. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2009.
- ↑ Peiken, Matt (31 de xullo de 2001). "Bang Your Head: Latin Metal is Next 'Revolucion'". Sun Herald. Consultado o 11 de agosto de 2009.
- ↑ Burr, Ramiro (30 de novembro de 2003). "Latin Notes: Ill Nino's confessional Latin metal band rages about missing fathers, betrayals, and loving and hating". San Antonio Express-News. p. J.8.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |