Lara Rozados
xornalista e escritora galega
(Redirixido desde "Lara Rozados Lorenzo")
Lara Rozados Lorenzo, nada en Poio o 22 de outubro de 1982, é unha xornalista e escritora galega.
Lara Rozados | |
---|---|
Nacemento | 22 de outubro de 1982 |
Poio | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritora |
Premios | Premio de poesía Victoriano Taibo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Viviu en Pontevedra até os seis anos, despois en Ferrol, e con sete trasladouse a Santiago de Compostela. Estudou xornalismo na USC e tentou doutorarse en Filoloxía Galega, traballou en Vieiros e A Nosa Terra e despois na compañía de teatro Berrobambán. Fixo un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Traballou en Sermos Galiza e na edición do Deza de Faro de Vigo. Traballa nas asociacións Itaca, Cineclube de Compostela e Histeria Teatro. Publicou nos libros Non conciliados e Pirata que editou o Cineclube de Compostela.
ObraEditar
- O caderno amarelo, 2014.
Obras colectivasEditar
- Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
PremiosEditar
- Premio de poesía Victoriano Taibo no 2014, por O caderno amarelo.