Lance Thomas
Lance Thomas, nado o 24 de abril de 1988 en Brooklyn, Nova York, é un xogador profesional norteamericano de baloncesto.
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 24 de abril de 1988 (36 anos) Brooklyn, Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Saint Benedict's Preparatory School, Newark, Nova Jersey Scotch Plains-Fanwood High School |
Universidade | Duke (2006–2010) |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Austin Toros (2010–2011) New Orleans Hornets (2011) Austin Toros (2012) New Orleans Hornets / Pelicans (2012–2013) Foshan Dralions (2013–2014) Oklahoma City Thunder (2014–2015) New York Knicks (2015–2019) |
Traxectoria profesional
editarTras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, Thomas foi elixido no Draft da NBA D-League polos Austin Toros. Comezou a tempada 2011-12 cos New Orleans Hornets, pero o 31 de decembro de 2011 foi cortado e volveu aos Austin Toros. O 6 de febreiro de 2012, Thomas asinou outra vez cos Hornets un contrato de dez días.
O 29 de setembro de 2014, asinou cos Oklahoma City Thunder.[1]
O 5 de xaneiro de 2015, foi traspasado ós New York Knicks nun traspaso entre os Knicks, os Thunder e os Cleveland Cavaliers.[2] Tras ser cortado polos Knicks o 7 de xaneiro,[3] tres días despois asinou con eles un contrato de dez días.[4] O 21 de xaneiro, asinou un segundo contrato de dez días cos Knicks,[5] e o 31 de xaneiro asinou cos Knicks ata o final da tempada.[6] O 29 de xuño de 2019, Thomas foi cortado polos Knicks.[7]
Notas
editar- ↑ OKC Thunder training camp: Michael Jenkins, Richard Soloman, Lance Thomas, Talib Zanna added to roster
- ↑ Knicks Part of Three-Team Trade
- ↑ "Knicks waive Lou Amundson, Lance Thomas, Alex Kirk". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ "Knicks sign Lou Amundson and Lance Thomas to 10-day contracts". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2015.
- ↑ Knicks Sign Lance Thomas to Second 10-Day Contract
- ↑ Knicks Sign Thomas For Remainder Of Season
- ↑ "Lance Thomas: Waived by Knicks". cbssports.com. 29 de xuño de 2019. Consultado o 29 de xuño de 2019.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 28 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)