Lampredotto

prato florentino

O lampredotto é un prato da cociña florentina feito cunha das catro seccións do estómago da vaca, o abomaso ou calleiro.

Lampredotto

Bocadillo de lampredotto.
Orixe Toscana, Italia Italia
Gastronomía Gastronomía de Italia
Ingredientes
Orixe animal Vaca
Orixe vexetal Tomate
Cenoria
Apio
Cebola
Condimentos Perexil

Trátase do prato típico de comida de rúa máis difundida en Florencia. A maneira máis común de servilo e en forma de bocadillo denominado "panino con il lampredotto". É moi popular nesta cidade toscana grazas á presenza de numerosos quioscos dirixidos polos chamados " lampredottai ", os vendedores de lampredotto, que se atopan en diversas zonas da cidade.[1]

Prato con lampredotto

Etimoloxía editar

O nome "lampredotto" deriva do nome da lamprea, un vertebrado acuático do grupo dos ágnatos que antes era moi común nas augas do río Arno, e cuxa boca ten unha forma semellante á forma dese bucho.[2]

Notas editar

  1. "Elogia del Lampredotto: salva la Firenze globalizzata del Gusto". newsfood. Consultado o 2023. 
  2. Accademia della Crusca, Vocabolario degli accademici della Crusca, vol. 9, Firenze, Tipografia Galileiana. 1863.