Lamberto de Chalon

Lamberto de Chalon, nado en 930 e finado en 979, foi conde de Chalon (956-978), de Beaune e de Autun.

Modelo:BiografíaLamberto de Chalon
Nome orixinal(fr) Lambert de Chalon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento930 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte27 de febreiro de 979 Editar o valor en Wikidata (48/49 anos)
Lugar de sepulturaBasilica of Paray-le-Monial (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAdela of Burgundy Editar o valor en Wikidata
FillosMahaut de Chalon, Dame de Donzy, Gerberga of Chalon, Hugh of Chalon Editar o valor en Wikidata
PaisRoberto de Troyes Editar o valor en Wikidata  e Ingeltrude Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Dijon-7

Traxectoria

editar

Lamberto naceu en 930. Era fillo do vizconde Roberto de Dijon e Inxeltruda, e irmán de Roberto, vizconde de Chalon.

Actuou como conde efectivo despois da morte de Xilberto de Chalon (956) cando foi sucedido pola súa filla Luitgarda de Chalon, casada con Odón I de Borgoña. Mesmo ampliou o seu ámbito de actuación e tería gobernado no condado de Beaune e quizais noutros dos que foran de Xilberto. Luitgarda morreu sen fillos en 960 e sucedeuna a súa irmá Adelaida de Chalon, casada con Roberto de Vermandois, conde de Meaux, que por este matrimonio foi Roberto II de Troyes. Roberto defendeu a lexitimidade e os dereitos dos Vermandois, mentres que Lamberto contaba co apoio de Hugo o Grande e despois do seu fillo Hugo Capeto, duque dos francos (e futuro rei). Adelaida morreu en 964 pero Roberto, en nome do seu fillo Heriberto I de Troyes e III de Meaux, continuou defendendo os intereses da liñaxe ata a súa morte en 966 ou 967. Finalmente chegouse a un acordo e Chalon, Beaune e outros condados ou dereitos dentro dos condados foron entregados a Adela de Borgoña (m. 987), a irmá de Heriberto, en dote, e ela casou con Lamberto, sobre 967. Tivo con ela a:

Lamberto deixa de ser mencionado o 27 de febreiro de 978 e morrería nos meses seguintes. O seu fillo Hugo I de Chalon sucederao como conde de Chalon e Beaune e os dereitos de Autun. A viúva casou en 980 con Godofredo I de Anjou.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar