Lahouari Bahlaz
Lahouari Bahlaz, nado en Orán o 12 de marzo de 1979, é un atleta paralímpico alxeriano que compite en atletismo adaptado na categoría F32. Bahlaz especialízase no lanzamento de disco e clava, gañando dúas medallas de bronce nos Xogos Paralímpicos de Verán de 2012 en Londres.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de marzo de 1979 (45 anos) Orán, Alxeria |
Altura | 195 cm |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Nacionalidade deportiva | Alxeria |
Deporte | atletismo paralímpico |
Participou en | |
2021 | Xogos Paralímpicos de 2020 |
2019 | Campeonato Mundial de Para-Atletismo de 2019 (pt) |
2017 | Campeonato Mundial de Para-Atletismo de 2017 (pt) |
setembro de 2016 | Xogos Paralímpicos de 2016 |
2015 | 2015 IPC Athletics World Championships (en) |
2013 | Campeonato Mundial de Para-Atletismo de 2013 (pt) |
2012 | Xogos Paralímpicos de Londres 2012 |
2011 | Campeonato Mundial de Atletismo Paraolímpico de 2011 (pt) |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Competindo para Alxeria: | |||
Xogos Paralímpicos | |||
Londres 2012 | Lanzamento de disco F31/32/52 | ||
Londres 2012 | Lanzamento de clava F32-34 | ||
Campionato do Mundo de Atletismo Paralímpico | |||
Christchurch 2011 | Lanzamento de disco F32-34 | ||
Christchurch 2011 | Lanzamento de clava F31/32/52 | ||
Lión 2013 | Lanzamento de disco F32-34 | ||
Lión 2013 | Lanzamento de clava F31/32/52 | ||
Londres 2017 | Lanzamento de clava F32 | ||
Doha 2015 | Lanzamento de clava F32 |
Carreira deportiva
editarBahlaz comezou a adestrar como atleta profesional á idade de 30 anos.[1] A súa primeira gran competencia internacional foi no Campionato Mundial de Atletismo IPC 2011 en Christchurch. Alí participou en dúas probas de atletismo: o lanzamento de clava e de disco, gañando en ambas as disciplinas a medalla de ouro e estabeleceu unha nova marca mundial de 20.30m no último.[2] Logo seguiu representando a Alxeria nos Xogos Paralímpicos de Verán de 2012 de Londres, competindo novamente no lanzamento de clava F31/32/52 e de disco F32-24. En Londres igualou a súa marca mundial de distancia no disco, pero Wang Yanzhang da China (F34) e Hani Alnakhli de Arabia Saudita (F33) derrotárono, conseguindo o terceiro lugar con marcas mundiais. Bahlaz levou a súa segunda medalla de bronce dos Xogos Paralímpicos cun lanzamento de 36,31 m e perdeu a medalla de ouro por 7 puntos.
Continuou a súa carreira deportiva en 2013 con outro exitoso Campionato Mundial de Atletismo Paralímpico, vencendo a Wang e Alnakhli no disco para reter a súa medalla de ouro. Tamén defendeu con éxito o seu título de lanzamento de clava para saír de Lión con dúas medallas de ouro.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Bahlaz, Lahouari" (en inglés). International Paralympic Committee. Consultado o 20 de xullo de 2020.
- ↑ "Pistorius Lights Up Christchurch With 200m Gold as Records Tumble" (en inglés). International Paralympic Committee. 24 de xaneiro de 2011. Consultado o 26 de xullo de 2020.