Lago Peipus

O lago Peipus (en estoniano: Peipsi-Pihkva järv; en ruso: Псковско-Чудское озеро (Чудско-Псковское озеро)) é un gran lago situado na fronteira entre Estonia e Rusia. É o quinto lago máis grande de Europa.

Lago Peipus
Lago Peipus
Imaxe do satélite Landsat
Mapa
PaísEstonia Estonia
Rusia Rusia
Capacidade25 km³ hm³
Lonxitude140 km
Ancho50 km
Conca fluvial47 800 km²
Cota30 m msnm
Costa520 km km
Profundidade15,3 m m
Prof. media7,1 m m
TipoLago de auga doce
CidadesPskov, Mustvee, Kallaste
Referencia* Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas.

Cobre unha superficie de 3500 km² e ten unha profundidade media 7 m, situándose o punto máis fondo a 15 m.[1][2] O lago emprégase para a pesca e as actividades recreativas, se ben sofre graves detorioracións ambientais por mor dos complexos industriais rusos situados na súa beira.

DescriciónEditar

O lago Peipus é o remanente dun corpo de auga que existiu na área durante a era glacial.

O lago ten varias illas e consiste en tres partes:

  • Lago Peipsi / Chudskoye (en estoniano: Peipsi järv, en ruso: Чудское озеро), parte norte, cunha área de 2611 km² (73%)
  • Lago Pihkva / Pskovskoye (en estoniano: Pihkva järv, en ruso: Псковское озеро), parte meridional, con 708 km² (20%)
  • Lago Lämmi / Tyoploye (estoniano: Lämmijärv, en ruso: Тёплое озеро), estreito que conecta ambas as dúas partes, con 236 km² (7%)

HistoriaEditar

En 1242, a parte sur do lago Peipus foi o escenario dunha importante batalla en que os cabaleiros teutóns foron derrotados polas tropas rusas de Novgorod lideradas por Aleksandr Nevskii. A batalla tamén destaca porque tivo lugar principalmente sobre a superficie xeada do lago, polo que tamén foi coñecida como batalla sobre o xeo.[3][4]

NotasEditar

  1. "Chudsko-Pskovskoe ozero". Great Soviet Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  2. {{{2}}} Russian lakes with area of more than 350 km². (GIF table). Consultado o 21 de xaneiro de 2012.
  3. Jaques, Tony (2007). Dictionary of Battles and Sieges: F-O. Greenwood Publishing Group. p. 564. ISBN 0-313-33538-9. 
  4. Toivo Miljan (2004). Historical dictionary of Estonia. Scarecrow Press. p. 299. ISBN 0-8108-4904-6. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar