Coordenadas: 40°49′46″N 14°04′50″L / 40.82944, -14.08056

O Lago Lucrino ou Lucrinus Lacus (en italiano: Lago di Lucrino; e en napolitano: Laco 'e Lucrine) é un lago da provincia de Nápoles, na rexión de Campania, ao suroeste de Italia, a uns tres quilómetros ao sur do lago Averno.

Lago Lucrino
Lago Lucrino
O lago actual, visto ao suroeste do Monte Nuovo. Á esquerda, pódense ve-las ondas que rompen no golfo de Pozzuoli e, na esquina superior dereita, sitúase o Lago do Averno.
PaísItalia Italia
RexiónCampania
ProvinciaNápoles
LocalizaciónItalia Italia,Campania
Superficie9,5 ha
Lonxitude1, 5 km2
Profundidade5 m
TipoLago de auga doce de orixe volcánica
Desauguescanle
Referencia* Os valores do perímetro, área e volume poden ser imprecisos debido as estimacións desenvolvidas, podendo non estar normalizadas.

Características editar

O lago atópase separado do mar (o golfo de Pozzuoli) por unha franxa de terreo estreita pola que pasa a Vía Hercúlea e unha vía de ferrocarril. A vía pasa por un terraplén, cuxa construción, segundo a tradición transmitida por Estrabón, atribuíase ao heroe mitológico Heracles. Esta banda de terra foi reforzada cun rompente «onde o mar con ira rompe, pero retrocede co ruxido que resoa». Posteriormente, foi aberto ao mar por Marco Vipsanio Agripa, para poder facer un porto no lago Lucrino, ao que chamou Portus Iulius en honor a Octaviano,[1][2] que, á súa vez, uniu ao lago do Averno cunha canle, segundo explica Virxilio nas súas Xeórxicas,[3] para que servise como porto interior.[2][4][1]

Actualmente, o tamaño do lago Lucrino, tamén coñecido como maricello (mariño), é moito máis reducido debido ao crecemento do cono volcánico do Monte Nuovo en 1538.[5] A lonxitude do antigo dique que separaba o lago do mar, dun quilómetro e medio de lonxitude, pode ser percorrido por submarinistas. A profundidade máxima é de cinco metros.[6]

Na época romana, a industria pesqueira foi importante, destacando os seus criadeiros de ostras, cuxa fundación se atribúe a Serxio Orata,[7] cara ao ano 100 a. C. Actualmente, as súas ostras seguen a ter unha gran fama.

Tamén se converteu nun lugar para escapadas de pracer desde Baiae converténdose, cara ao final da República, no primeiro balneario de luxo do mundo polo que foi sendo coñecido como Lacus Baianus.[8] A súa beira foi cuberta por vilas romanas, das que a primeira foi a de Serxio Orata[8] e a máis famosa foi a vila Cumanum, do senador romano Marco Tulio Cicerón, a cal se situaba na beira leste, sendo ademais a sede da súa «Academia».[9][10] Os restos desta vila, xunto co pobo de Tripergola, desparecieron baixo o mar en 1538. No ano 59, segundo Tácito, Agripina a Menor continuou vivindo na súa vila a beiras do lago despois de que o seu fillo, o emperador Nerón, tentase afogala facendo que a embarcación onde navegaba naufragase; pero ela conseguiu alcanzar a nado a un barco que a trasladou á beira.

Hoxe en día, Lucrino é unha frazione da comuna de Pozzuoli.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Cosme (2005), p. 77.
  2. 2,0 2,1 Roddaz (2000), p. 872.
  3. Virxilio (1990), pp. 161-164.
  4. Reinhold (1933), pp. 29-32.
  5. Parascandola, Antonio (1944-1946). "Il Monte Nuovo ed il Lago Lucrino". Bollettino della Società dei Naturalisti in Napoli LV. 
  6. Sirpettino, Mario. "AT THE BOTTOM OF THE SEA: THE REMAINS OF PORTUS JULIUS (37 B.C.)". icampiflegrei.it (en inglés). Archived from the original on 11 de marzo de 2007. Consultado o 31 de xaneiro de 2022. 
  7. Beloch (1890), p. 172.
  8. 8,0 8,1 Beloch (1890), p. 173.
  9. Beloch (1890), p. 174.
  10. Marcial (1997), p. 62.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar