Jane Grey
Lady Jane Grey, nada arredor de 1537[1] e finada en Londres o 12 de febreiro de 1554, coñecida tamén Lady Jane Dudley tralo seu matrimonio[2] e como "a Raíña dos Nove Días",[3] foi unha nobre inglesa e de facto a raíña de Inglaterra e Irlanda entre o 10 e o 19 de xullo de 1553.
Jane era a bisneta de Henrique VII a través da súa filla María, e era curmá de Eduardo VI. Recibiu unha excelente educación humanista e reputación como unha das mozas máis educadas da súa época.[4] En maio de 1553, casou con Lord Guildford Dudley, un dos fillos máis novos do ministro xefe de Eduardo, John Dudley, duque de Northumberland. En xuño dese ano, Eduardo VI escribiu o seu testamento, nomeando a Jane e o seu home como sucesores da coroa, en parte porque a súa medio irmá María era católica romana, mentres que Jane era protestante e apoiaría a reformada Igrexa de Inglaterra. O testamento nomeaba as súas medio irmás María e Isabel ilexítimas e apartábaas da súcesión, trastocando as súas reclamacións baixo a Terceira Acta de Sucesión.
Trala morte de Eduardo, Jane foi proclamada raíña o 10 de xullo de 1553 e agardou pola coroación na torre de Londres. O apoio a María creceu moi rapidamente, e moitos dos seguidores de Jane abandonárona. O Privy Council of England cambiou supetamente de bando e proclamou a María raíña o 19 de xullo de 1553, depoñendo a Jane. O seu principal apoio, o duque de Northumberland, foi acusado de traizón e executado pouco menos dun mes despois. Jane mantívose prisioneira na torre e foi acusada de alta traizón en novembro de 1553, o que supuña sentenza de morte, aínda que inicialmente se lle perdoou a vida. Porén, o pai de Jane, Henry Grey, 1.º duque de Suffolk, formou parte da rebelión de Wyatt contra a intención da raíña María de casar con Filipe II de España, e Jane foi considerada como unha ameaza á coroa. Ela e o seu marido foron executados o 12 de febreiro de 1554.
Traxectoria
editarPrimeiros anos e educación
editarLady Jane Grey era a filla máis vella de Henry Grey, 1.º duque de Suffolk, e da súa esposa, Frances. A tradición conta que naceu en Bradgate Park en Leicestershire en outubro de 1537, mentres que investigacións máis recentes indican que naceu antes, posiblemente en Londres, a finais de 1536 ou na primavera de 1537.[5][6] Frances era a filla máis vella de María Tudor, antiga raíña de Francia e irmá máis nova do rei Henrique VIII. Jane tivo dúas irmás máis novas, Lady Catherine e Lady Mary; pola súa nai, as irmás eran bisnetas de Henrique VII, sobriñas netas de Henrique VIII e sobriñas segundas de Eduardo VI, María I e Isabel I.
Jane recibiu unha educación humanista, estudando latín, grego e hebreo con John Aylmer, e italiano con Michelangelo Florio.[7] Pola influencia do seu pai e dos seus titores, converteuse nunha protestante entregada e mantivo correspondencia co reformador de Zürich Heinrich Bullinger.[8]
Jane prefería os libros que as festas de caza[9] e consideraba a súa estrita educación, típica da época,[10] como severa. Disque se queixou ao estudoso visitante Roger Ascham, que a atopou lendo a Platón:
Cando eu estou na presenza do pai ou da nai, se falo, quedo en silencio, sento, érgome ou vou, como, bebo, estou contenta ou triste, estou cosendo, xogando, bailando, ou facendo calquera cousa, debo facela como se fose de peso, medida ou número, tan perfectamente como Deus fixo o mundo: se non, búrlanse tan asperamente, son tratada tan cruelmente, en ocasións con beliscos, dentadas e sacudidas e outras cousas (que non nomearei pola honra que lles teño)… que me creo no inferno.[11]
A principios de febreiro de 1547, Jane foi enviada a vivir na casa do tío de Eduardo VI, Thomas Seymour, que axiña casou coa viúva de Henrique VIII, Catherine Parr. Jane viviu coa parella ata a morte de Catherine no parto en setembro de 1548.[12]
Contratos de matrimonio
editarLady Jane actuou como dolente principal no funeral de Catherine Parr; Thomas Seymour amosou interese en continuar a mantela na súa casa, e volveu alí por uns dous meses antes de que fose arrestada a finais de 1548.[13] O irmán de Seymour, o Lord Protector, Edward Seymour, 1.º duque de Somerset, sentiuse ameazado pola popularidade de Thomas co rei mozo Eduardo. Entre outras cousas, Thomas Seymour foi acusado da proposición de Jane como moza do rei.[14]
No curso da subseguinte perda de dereitos e execución de Thomas Seymour, o pai de Jane era afortunado por continuar por tempo sen problema. Tralo seu cuarto interrogatorio polo King's Council, propuxo a súa filla como moza do fillo máis vello do Protector, Lord Hertford.[15] Porén, non saíu nada disto e Jane non foi comprometida ata a primavera de 1553, e o seu prometido foi Lord Guildford Dudley, fillo de John Dudley, 1.º duque de Northumberland.[16] O duque, Lord presidente do King's Council dende 1549, era o home máis popular do país.[17] O 25 de maio de 1553, a parella casou en Durham House nunha voda tripla, en que a irmá de Jane, Catherine se uniu co herdeiro do conde de Pembroke, Lord Herbert, e Katherine, irmá de Lord Guildford casou con Henry Hastings, herdeiro do conde de Huntingdon.[18]
Reclamación e acceso ao trono
editarA Terceira Acta de Sucesión de 1544 restaurou as fillas de Henrique VIII, María e Isabel, á liña sucesoria, aínda que seguían a ser consideradas ilexítimas. Ademais, a acta autorizaba a Henrique VIII a alterar a sucesión mediante o seu testamento. Este reincorporou á sucesión os seus tres fillos, e entón declarou que se ningún deles deixaba descendentes, o trono pasaría aos herdeiros da súa irmá máis nova, María, o cal incluía a Jane. Por motivos descoñecidos, Henrique excluíu a nai de Jane, Frances Grey, da sucesión,[21] e tamén pasou por riba das reclamacións dos descendentes da súa irmá máis vella, Margarida, que casara dentro da casa real escocesa.
María e Isabel foran nomeadas ilexítimas por decreto durante o reinado de Henrique VIII despois de que os matrimonios de Catarina de Aragón e Ana Bolena fosen declarados nulos.[22] Cando Eduardo VI estaba a falecer aos quince anos a finais do verán de 1553, a súa medio irmá católica María era aínda a súa presunta herdeira. Non obstante, Eduardo, nun testamento manuscrito ("My devise for the Succession") escrito a principios do mesmo ano, restrinxira a sucesión ao varón (non existente) descendente de Frances Brandon e das súas fillas, antes de nomear a súa filla protestante, "Lady Jane and her heirs male" como os seus sucesores, probablemente en xuño de 1553; a intención era asegurar o seu legado protestante, pasando por riba de María, que era católica.[20][23][24] A decisión e Eduardo de nomear a Jane Grey posiblemente fose instigada por Northumberland.[25][26][27][28]
Eduardo VI en persoa supervisou a copia do testamento que foi finalmente emitido o 21 de xuño e asinado por 102 notables, entre eles a totalidade do Privy Council, pares, bispos, xuíces e concelleiros de Londres.[29] Eduardo tamén anunciou a súa intención de que a "declaración" pasase polo parlamento en setembro, e foron preparadas as ordes necesarias.[28]
O rei morreu o 6 de xullo de 1553, pero a súa morte non foi anunciada ata catro días máis tarde.[30] O 9 de xullo Jane foi informada de que agora era raíña, e de acordo coas súas propias palabras, aceptou a coroa con reticencia. O 10 de xullo foi proclamada oficialmente como raíña de Inglaterra, Francia e Irlanda despois de que fora levada a unha residencia segura na torre de Londres, onde os monarcas ingleses adoitaban residir no tempo previo á coroación. Jane rexeitou nomear rei o seu marido porque requiriría unha acta do parlamento.[31] Só aceptaría nomealo duque de Clarence.
Northumberland iniciou unha serie de tarefas clave para consolidar o seu poder trala morte de Eduardo. Principalmente, tiña que illar e, idealmente, capturar a María Tudor para evitar o apoio crecente. En canto María estivo segura da morte de Eduardo, abandonou a súa residencia en Hunsdon e marchou a Anglia Oriental, onde comezou a reunión de apoios. Northumberland marchou de Londres con tropas o 14 de xullo para capturar a María. O Privy Council cambiou a súa alianza e proclamou a María raíña en Londres o 19 de xullo. O consenso histórico asume que isto foi en recoñecemento do enorme apoio da poboación cara a María. Con todo, non hai evidencias claras disto fóra de Norfolk e Suffolk, onde Northumberland menospreciara a rebelión de Kett; polo tanto, onde a princesa María buscara refuxio. Máis ben, parece que Henry FitzAlan, 19.º conde de Arundel, a quen Northumberland arrestara dúas veces como aliado de Somerset antes de rehabilitalo, organizou un golpe de estado no Privy Council durante a ausencia de Northumberland.[32]
Jane adoita ser chamada a Raíña dos Nove Días, aínda que se se data o seu reinado dende o momento da morte de Eduardo o 6 de xullo de 1553, a súa duración sería uns días máis longa.[33] O 19 de xullo de 1553, Jane foi encarcerada nos apartamentos de Tower's Gentleman Gaoler's, e o seu marido na torre Beauchamp. O duque de Northumberland foi executado o 22 de agosto de 1553. En setembro, o parlamento declarou a María sucesora e revogou a proclamación de Jane por usurpadora.[34]
Xuízo e execución
editarReferida polo xulgado como Jane Dudley, esposa de Guildford, Jane foi acusada de alta traizón, igual que o seu marido, dous dos seus irmáns, e o anterior arcebispo de Canterbury, Thomas Cranmer.[35] O seu xuízo, por unha comisión especial, tivo lugar o 13 de novembro de 1553, en Guildhall na cidade de Londres. A comisión foi presidida por Sir Thomas White, Lord Maior de Londres, e Thomas Howard, 3.º duque de Norfolk. Outros membros eran Edward Stanley, 3.º conde de Derby e John Bourchier, 2.º conde de Bath. Como se esperaba, todos os acusados foron atopados e sentenciados a morte. A culpa de Jane, de asumir traizoeiramente o título e o poder do monarca, foi evidenciada por unha serie de documentos que asinou como "Jane the Quene".[35] A súa sentenza foi "ser queimada viva en Tower Hill ou decapitada segundo a Raíña prefira" (a fogueira era o castigo tradicional inglés por traizón cometida por mulleres).[36] O embaixador imperial informou ao Carlos V, que a súa vida fose perdoada.[2]
A rebelión de Thomas Wyatt o Novo en xaneiro de 1554 contra os plans de matrimonio da raíña María con Filipe II de España selaron o destino de Jane. O seu pai e os seus dous irmáns uníronse á rebelión e entón o goberno decidiu continuar o veredicto contra Jane e Guildford. A súa execución foi programada para o 9 de febreiro de 1554, mais foi posposta tres días para darlle a oportunidade a Jane de converterse ao catolicismo. María enviou o seu capelán John Feckenham a Jane, que inicialmente non estaba compracida por iso.[37] Aínda que non se esforazaría en "salvar a súa alma", fíxose amigo del e permitiulle que a acompañase ao cadafalso.[38]
Na mañá do 12 de febreiro de 1554, as autoridades levaron a Guildford dos seus cuartos na torre de Londres ao lugar de execución pública en Tower Hill, onde foi decapitado. Un carro cun cabalo levaron os seus restos de volta á torre, pasando polos cuartos onde Jane estaba. Ver o cadáver do seu marido volver, dise que Jane exclamou: "Oh, Guildford, Guildford".[39] Foi entón levada á torre verde, dentro da torre, para a súa decapitación.[40]
Segundo o que se conta da súa execución na anónima Chronicle of Queen Jane and of Two Years of Queen Mary, que forma a base do retrato de Raphael Holinshed, Jane deu un discurso segundo ascendía ao cadafalso:
Boa xente, veño acó a morrer, e por unha lei pola que son condenada a iso. O feito, en efecto, contra a alteza da Raíña foi ilegal, e o consentimento a iso por min: pero tocando a obtención e o deseo diso por min ou no meu nome, lavo as miñas mans pola miña inocencia, perante Deus e a vosa face, boa xente cristiá, este día.
Mentres admitir a acción era considerado ilegal, declarou que "I do wash my hands thereof in innocence".[41][42] Jane recitou entón o Salmo 51 (Ten misericordia de min, oh Deus) en inglés, e deu as súas luvas e pano á súa doncela. O verdugo pediulle o seu perdón, que ela garantiu, suplicando: "Prego para que me despache rapidamente". Referíndose á súa cabez, pediu, "Quitaraa antes de que eu me deite?", e o verdugo respondeu: "Non, señora". Entón ela tapou os seus ollos. Jane non logrou atopar o toro coas súas mans, e berrou, "Que debo facer? Onde está?" Probablemente Sir Thomas Brydges, vicetenente da Torre, axudouna a atopar o camiño. Coa súa cabeza no bloque, Jane dixo as últimas palabras de Xesús no Evanxeo de Lucas: "Señor, nas súas mans encomendo o meu espírito!"[43]
Jane e Guildford foron enterrados na capela da igrexa de San Pedro ad Vincula na parte norte da Tower Green. Non se levantou ningún memorial na súa tumba.[44] O pai de Jane, o duque de Suffolk, foi executado once días despois, o 23 de febreiro de 1554.[45] A súa nai, a duquesa de Suffolk, casou co seu Master of the Horse e chamberlain, Adrian Stokes, en marzo de 1555 (non, como se dixo, tres semanas despois da execución do seu marido).[46] Foi perdonada completamente por María e permitíuselle vivir na corte coas súas dúas fillas superviventes. Morreu en 1559.
Legado
editar"The traitor-heroine of the Reformation", como a chamou Albert Pollard,[47] tiña só 16 ou 17 anos cando foi executada. Durante e tralas persecucións protestantes, Jane foi vista como unha mártir protestante por moito tempo, aparecendo en varias edicións do Book of Martyrs (Actes and Monuments of these Latter and Perillous Dayes) de John Foxe. A historia de Lady Jane creceu ata proporcións lendarias na cultura popular, dando lugar a biografías románticas, novelas, obras de teatro, pinturas e filmes, dos que o máis popular foi a produción de 1986 de Lady Jane, protagonizado por Helena Bonham Carter.[48]
Jane Grey é a única monarca inglesa dos últimos cincocentos anos da que non se conservan retratos contempóraneos probados.[49][50] Pensouse que unha pintura da National Portrait Gallery de Londres era de Jane, mais en 1996 confirmouse que era Catherine Parr, viúva supervivente de Henrique VIII, coa que Jane viviu un tempo.[51] Un retrato que algúns expertos cren que é de Jane apareceu nun fogar privado en 2005. Pintado de 40 a 50 anos trala morte de Jane, o "retrato Streatham" (chamado así pola parte de Londres na que estivo durante décadas) mostra unha moza cun vestido vermello adornada con xoias e cun libro de pregarias.[49] O historiador e especialista nos Tudor, o Dr. David Starkey é escéptico, "é unha pintura horrorosa e non hai absolutamente ningunha razón para supor que ten algo que ver con Lady Jane Grey".[52] Outro retrato, unha miniatura, foi mostrado nos medios de comunicación en 2007 por Starkey que afirma que cun "90 por cento de certeza" é de Lady Jane Grey.[53] Esta pintura foi descuberta no Yale Center for British Art dos Estados Unidos.[54]
Antergos
editar8. Thomas Grey, 1.º marqués of Dorset[56] | ||||||||||||||||
4. Thomas Grey, 2.º marqués de Dorset[55] | ||||||||||||||||
9. Cecily Bonville, 7.ª baronesa Harington[56] | ||||||||||||||||
2. Henry Grey, 1.º duque de Suffolk | ||||||||||||||||
10. Sir Richard Wotton[56] | ||||||||||||||||
5. Margaret Wotton[55] | ||||||||||||||||
11. Anne Belknap[56] | ||||||||||||||||
1. Lady Jane Grey | ||||||||||||||||
12. Sir William Brandon[58] | ||||||||||||||||
6. Charles Brandon, 1.º duque de Suffolk[57] | ||||||||||||||||
13. Elizabeth Bruyn[59] | ||||||||||||||||
3. Lady Frances Brandon | ||||||||||||||||
14. Henrique VII de Inglaterra[56] | ||||||||||||||||
7. Mary Tudor[57] | ||||||||||||||||
15. Elizabeth de York[56] | ||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ A súa data exacta de nacemento é descoñecida; moitos historiadores aceptan a data estimado de 1537, mentres que outros a sitúan na segunda metade de 1536 baseados en novas investigacións.[1] Arquivado 28 de marzo de 2019 en Wayback Machine.[2]
- ↑ 2,0 2,1 Plowden, Alison (23 de setembro de 2004). "Grey, Lady Jane (1534–1554), noblewoman and claimant to the English throne". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-861362-8. doi:10.1093/ref:odnb/8154.
- ↑ Nine Days' Queen Ives 2009, p. 2
- ↑ Ascham 1863, p. 213
- ↑ Ives 2009, pp. 36, 299
- ↑ de Lisle 2008, pp. 5–8
- ↑ Ives 2009, pp. 51, 65
- ↑ Ives 2009, pp. 63–67
- ↑ Ives 2009, p. 51
- ↑ Ives 2009, p. 53
- ↑ Ives 2009, p. 52
- ↑ Ives 2009, pp. 42–45
- ↑ Ives 2009, pp. 45–47
- ↑ Ives 2009, pp. 47–49
- ↑ Ives 2009, p. 47
- ↑ Loades 1996, pp. 238–239
- ↑ Loades 1996, p. 179
- ↑ de Lisle 2008, pp. 93, 304; Ives 2009, p. 321.
- ↑ Ives 2009, p. 137
- ↑ 20,0 20,1 Alford 2002, pp. 171–172
- ↑ Ives 2009, p. 35
- ↑ John Remington Graham, A Constitutional History of Secession (2002) Pelican Press ISBN 9781455602889 (p58)
- ↑ Thomas Martin Lindsay, The Reformation (1882) T&T Clark
- ↑ Tallis, Nicola (6 de decembro de 2016). "Crown of Blood: The Deadly Inheritance of Lady Jane Grey". Pegasus Books – vía Google Books.
- ↑ Loades 1996, p. 240
- ↑ Alford 2014, pp. 75–56
- ↑ Loach 2002, pp. 163–164
- ↑ 28,0 28,1 Dale Hoak: "Edward VI (1537–1553)", Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004, edición online. Xaneiro de 2008. Consultado o 4 de abril de 2010 (requírese subscrición)
- ↑ Ives 2009, pp. 145, 165–166
- ↑ Philip J Potter, Monarchs of the Renaissance: The Lives and Reigns of 42 European Kings and Queens (2012) McFarland ISBN 9780786491032 (p84)
- ↑ Ives 2009 p. 189
- ↑ Ives 2009, pp. 222–223, 233–236
- ↑ Ives 2009, p. 1
- ↑ Philip J Potter, Monarchs of the Renaissance: The Lives and Reigns of 42 European Kings and Queens (2012) McFarland ISBN 9780786491032 (pp88-89)
- ↑ 35,0 35,1 Tallis, Nicola (6 de decembro de 2016). "Crown of Blood: The Deadly Inheritance of Lady Jane Grey". Pegasus Books – vía Google Books.
- ↑ Ives 2009, pp. 251–252, 334; Bellamy 1979, p. 54
- ↑ Ives 2009, pp. 267, 268
- ↑ Ives 2009, pp. 268–270
- ↑ Ives 2009, pp. 274–275
- ↑ Ives, Eric (19 de setembro de 2011). "Lady Jane Grey: A Tudor Mystery". John Wiley & Sons – vía Google Books.
- ↑ de Lisle 2008, p. 138
- ↑ Ives, Eric (19 de setembro de 2011). "Lady Jane Grey: A Tudor Mystery". John Wiley & Sons – vía Google Books.
- ↑ Anónimo (1997) [1850]. "1554, The Execution of Lady Jane Grey and Lord Guildford Dudley". En Nichols, John Gough. Chronicle of Queen Jane and of Two Years of Queen Mary. The Camden Society; Marilee Hanson.
- ↑ Tallis, Nicola (6 de decembro de 2016). "Crown of Blood: The Deadly Inheritance of Lady Jane Grey". Pegasus Books – vía Google Books.
- ↑ Cokayne, George (1982). The complete peerage of England, Scotland, Ireland, Great Britain, and the United Kingdom, extant, extinct, or dormant 2. Gloucester: A. Sutton. p. 421. ISBN 0904387828.
- ↑ Ives 2009, p. 38
- ↑ Pollard, Albert J. (1911). The History of England. Londres: Longmans, Green. p. 111. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2009. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "Lady Jane Grey". Biography.com.
- ↑ 49,0 49,1 Higgins, Charlotte (16 de xaneiro de 2006). "Is this the true face of Lady Jane?". The Guardian. Consultado o 11 de maio de 2008.
- ↑ Reynolds, Nigel (3 de xuño de 2007). "The true beauty of Lady Jane Grey". The Daily Telegraph. Consultado o 11 de maio de 2008.
- ↑ Fellman, Bruce (maio-xuño de 2007). "Looking for Lady Jane". Yale Alumni Magazine. Universidade Yale. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 24 de novembro de 2014.
- ↑ Higgins, Charlotte (11 de novembro de 2006). "A rare portrait of Lady Jane Grey? Or just an 'appallingly bad picture'?". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2014. Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ Higgins, Charlotte; correspondent, arts (5 de marzo de 2007). "Miniature could be second view of Lady Jane Grey" – vía www.theguardian.com.
- ↑ Reynolds, Nigel (5 de marzo de 2007). "The true beauty of Lady Jane Grey" – vía www.telegraph.co.uk.
- ↑ 55,0 55,1 Cokayne, G.E.; Gibbs, Vicary; Doubleday, H.A.; White, Geoffrey H.; Warrand, Duncan; de Walden, Lord Howard, eds. (2000). The Complete Peerage of England, Scotland, Ireland, Great Britain and the United Kingdom, Extant, Extinct or Dormant IV (new ed.). Gloucester, G.B.: Alan Sutton Publishing. pp. 419–420.
- ↑ 56,0 56,1 56,2 56,3 56,4 56,5 Weir, Alison (1999). Britain's Royal Families: The Complete Genealogy. Londres: The Bodley Head. pp. 130, 134, 138, 149, 157.
- ↑ 57,0 57,1 O'Day, Rosemary (26 de xullo de 2012). The Routledge Companion to the Tudor Age. Routledge. p. 1590. ISBN 9781136962530. Consultado o 7 de xullo de 2018.
- ↑ Mosley, Charles, ed. (2003). Burke's Peerage, Baronetage & Knightage 2 (107th ed.). Wilmington, Delaware, U.S.: Burke's Peerage (Genealogical Books) Ltd. p. 3199.
- ↑ Cokayne et al. (2000), II, pp. 45, 358
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jane Grey |
Bibliografía
editar- Alford, Stephen (2014). Edward VI: The Last Boy King. Londres: Penguin. ISBN 978-0141-97691-4.
- Ascham, Roger (1863). Mayor, John E. B., ed. The Scholemaster (1863 ed.). Londres: Bell and Daldy. OCLC 251212421.
- Bindoff, Stanley T. (1953) "A Kingdom at Stake, 1553." History Today 3.9 (1953): 642-28.
- de Lisle, Leanda (2008). The Sisters Who Would Be Queen: Mary, Katherine and Lady Jane Grey. A Tudor Tragedy. Nova York: Ballantine Books. ISBN 978-0-345-49135-0.
- Hoak, Dale. (2015) "The succession crisis of 1553 and Mary’s rise to power", in Catholic Renewal and Protestant Resistance in Marian England ed. por E. Evenden e V. Westbrook (Aldershot, 2015), pp. 17–42.
- Ives, Eric (2009). Lady Jane Grey: A Tudor Mystery. Malden MA; Oxford UK: Wiley-Blackwell. ISBN 978-1-4051-9413-6.
- Kewes, Paulina. (2017) "The 1553 succession crisis reconsidered." Historical Research (2017). doi:10.1111/1468-2281.12178
- Loach, Jennifer (2002). Edward VI. New Haven: Yale University Press. ISBN 0-30009409-4.
Outros artigos
editar
Predecesor: Eduardo VI |
Raíña de Inglaterra e Irlanda 1553 - 1553 |
Sucesor: María I |