La Provincia (Pontevedra)

La Provincia foi un periódico editado en Pontevedra entre 1917 e 1922.

La Provincia
LocalidadePontevedra
Na rede
Galiciana: 3922
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario popular independente, apareceu o 4 de febreiro de 1917. Entre abril e xullo de 1917 saíu dúas veces á semana. Fundado e dirixido por Luciano del Río Fernández, o xefe de redacción era Valentín Paz-Andrade e os redactores Rogelio Juanes Valdés, Xerardo Álvarez Gallego e Francisco Amil. Informaba sobre literatura, arte, turismo, agricultura, industria, comercio e socioloxía. Incluía unha "Páxina enxebre", sección na que se publicaban textos literarios galegos. Cesou a súa publicación en 1922.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar