La Democracia (Madrid)
La Democracia foi un xornal fundado por Emilio Castelar e editado en Madrid entre 1864 e 1866, durante o reinado de Isabel II.
La Democracia | |
---|---|
Fundación | 1 de xaneiro de 1864 |
Remata | 21 de xuño de 1866 |
Director | Emilio Castelar |
Tendencia | demócrata |
Lingua | castelán |
Localidade | Madrid |
Ámbito | (España) |
Periodicidade | diaria |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Fundado en 1863,[1] o primeiro número apareceu o 1 de xaneiro de 1864, editábase en Madrid, primeiramente na imprenta de Minuesa, e despois cambiou á Imprenta Universal.[2] Estaba dirixido por Emilio Castelar, e mantivo fortes polémicas co xornal La Discusión;[2] tamén criticou arreo a raíña Isabel II como no artigo de 1865 que provocou a súa expulsión da Universidade[1] e que motivou as protestas estudiantís que ocasionaron a denominada Noite de san Daniel. Segundo Joseph A. Brandt, opúñase tanto á monarquía como ao socialismo.[3]
A súa publicación estivo suspendida por causas políticas desde o 13 de xaneiro até o 18 de marzo de 1866,[2] e cesou definitivamente o 21 de xuño de 1866.[2]
Entre os seus redactores atopáronse persoas como Eusebio Blasco, Roque Barcia Martí, José María Carrascón, Rafael Coronel e Ortiz, José Fernando González, Manuel Grajales, José Güell i Mercader, José Martínez Soler, José María Ourense, Pedro Pruneda, Javier de Ramírez, Antonio Ramos Calderón, Francisco Rodríguez García, Julián Sánchez Ruano, Juan Uña, Antonio del Val i Ripoll, e, posiblemente, Francisco Salmerón e Alonso e Salvador Saulate.[2]
Notas Editar
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Hartzenbusch, Eugenio (1894). Apuntes para un catálogo de periódicos madrileños desde el año 1661 al 1870 (en castelán). Madrid: Establecimiento tipográfico "Sucesores de Rivadeneyra".
- Rosenblatt, Nancy A. (1972). "Emilio Castelar, teórico, publicista y político republicano". Revista de Estudios Políticos (IEP) (en castelán) (186): 179–210. ISSN 0048-7694.