LU-530

estrada autonómica galega de Lugo a Fonsagrada (Lugo)

A LU-530[1][2] (na provincia de Lugo), é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de Lugo e A Fonsagrada; atravesa os concellos de Lugo, Castroverde, Baleira e A Fonsagrada. Ten unha lonxitude de 57,055 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-P-2925 no leste de Lugo e finaliza nun cruzamento coa LU-701 na Fonsagrada.

LU-530
Mapa
Estrada LU-530
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude57,055 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio LU-P-2925  Lugo (leste)
Fin LU-701  A Fonsagrada

Percorrido

editar

Esta estrada é un medio de comunicación fundamental entre as comarcas da parte oriental da provincia de Lugo, así como os núcleos desta zona co oeste de Asturias. Atravesa núcleos como Castroverde, O Cádavo ou A Fonsagrada. A zona urbana do Cádavo está atravesada pola LU-530 por unha lonxitude de 0,5 quilómetros cunha senda curva onde se cruza coa LU-750 e a LU-710 a diferentes niveis que conectan a vila cos núcleos rurais da zona.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023.