Lévitha (Grego: Λέβιθα) ou Lebynthos é unha pequena illa situada ao leste do mar Exeo, entre Cos e Paros, forma parte das illas do Dodecaneso. A poboación da illa en (2009) era de tres persoas, unha familia cun neno que tratan de levar unha forma de vida ecolóxica combinando o cultivo das terras co uso de enerxías renovables. A superficie total da illa é 9,2 km² e a súa lonxitude total de liña de costa é de 34 km.

Lévitha - Λέβιθα
Λέβιθα
Vista aérea de Levitha
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
ArquipélagoDodecaneso
MarMar Exeo
Coordenadas37°00′40″N 26°27′35″L / 37.01111, -26.45972
Xeografía
Superficie9,121 km² km²
Longura máxima6,5 km
Largura máxima2,5 km
Punto máis alto130 m (Vardia)
Demografía
Poboación8
Lingua propiaGrego

Historia editar

Na antigüidade a illa tiña o nome de Levinthos (Λέβινθος). A illa é mencionada en dúas das obras de Ovidio, Ars Amatoria e Metamorfoses, en relación coa saga de Dédalo e Ícaro. Mentres escapan de Creta, Dédalo e Ícaro voaron sobre Lebynthos. Tamén é nomeada na Xeografía de Estrabón.

Identificáronse restos de antigos edificios que ao parecer estaban relacionados co desenvolvemento dun pequeno pobo de pescadores. Durante o período romano Levitha debido a súa localización remota foi usada como un lugar de exilio.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar