Kurt Thomas
Kurt Vincent Thomas, nado o 4 de outubro de 1972 en Dallas, Texas, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que actualmente é axente libre. Con 2,06 m a súa posición é a de ala-pivote.
Posición | Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 4 de outubro de 1972 (51 anos) Dallas, Texas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 107 kg (235 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Hillcrest, Dallas |
Universidade | Texas Christian |
NBA Draft | 1995 / Rolda: 1 / Elección: 10 Por Miami Heat |
Carreira | dende 1995 |
Historial de equipos | |
Miami Heat (1995–1997) Dallas Mavericks (1997–1998) New York Knicks (1999–2005) Phoenix Suns (2005–2007) Seattle SuperSonics (2007–2008) San Antonio Spurs (2008–2009) Milwaukee Bucks (2009–2010) Chicago Bulls (2010–2011) Portland Trail Blazers (2011–2012) New York Knicks (2012–2013) | |
Información en nba.com |
Traxectoria editar
Despois de pasar pola Universidade Cristiá de Texas, declarouse elixible para o Draft de 1995, onde foi elixido no posto número dez da primeira rolda polos Miami Heat, despois de estar dous anos na franquía de Florida xogou nos Dallas Mavericks e nos Phoenix Suns e nos Seattle SuperSonics. En febreiro de 2008 foi traspasado de Seattle a San Antonio Spurs a cambio de Brent Barry e Francisco Elson.
O 23 de xullo de 2009, Thomas foi traspasado de novo, esta vez a Milwaukee Bucks, xunto con Bruce Bowen e Fabricio Oberto, a cambio de Richard Jefferson.[1] O 26 de xullo de 2010 asinaría un contrato cos Chicago Bulls.
O 11 de decembro de 2011 asinou un contrato cos Portland Trail Blazers.[2]
O 16 de xullo de 2012, Thomas e Raymond Felton foron traspasados ós New York Knicks a cambio de Jared Jeffries, Dan Gadzuric, os dereitos de Kostas Papanikolaou e Giorgos Printezis, e unha elección de Draft de segunda rolda.[3]
Notas editar
- ↑ Source: Spurs Obtain Richard Jefferson - spurs.com
- ↑ "Blazers add frontcourt depth, sign Kurt Thomas". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2011.
- ↑ "KNICKS ACQUIRE FELTON & THOMAS". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 17 de xullo de 2012.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Ficha en nba.com
- Estatísticas de Kurt Thomas Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.