Abrir o menú principal

Un kraj (/krai/, plural: kraje /kraie/) é a subdivisión administrativa de maior nivel en Eslovaquia, a República Checa e antigamente en Checoslovaquia.

Traducido, ese termo viría a significar rexión, territorio ou provincia, pero aproximadamente significa "parte dun país", "parte dunha rexión", "condado".

Un kraj está subdivido en okresy (distritos).

Os primeiros krajs creáronse en 1949 en Checoslovaquia e aínda existen hoxe.

Krajs de EslovaquiaEditar

Eslovaquia está subdividida en 8 krajs (kraje; singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Nome galego Nome eslovaco
1 Bratislava Bratislavský kraj
2 Trnava Trnavský kraj
3 Trenčín Trenčiansky kraj
4 Nitra Nitriansky kraj
5 Žilina Žilinský kraj
6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
7 Prešov Prešovský kraj
8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.

Krajs da República ChecaEditar

Desde o ano 2000 a República Checa está dividida en trece krajs ou rexións (en checo: kraje, singular kraj) e a capital Praga. Cada rexión ten a súa propia Asemblea Rexional (krajské zastupitelstvo) e hejtman (ou "presidente"). En Praga, as súas competencias son executadas polo Concello e o Alcalde.

Os antigos setenta e seis distritos, (okresy, singular okres)[1] entre eles tres "cidades estatutarias" (sen contar Praga, que tiña un status especial), perderon gran parte da súa importancia en 1999 coa reforma administrativa; agora permanecen como divisións territoriais e como asentos dalgunhas ramas da administración estatal.

 
Mapa das rexións (krajs).
 
Mapa dos distritos.
(Matr.) Rexión
(nome en galego)
Kraj
(nome en checo)
Capital Poboación Superficie (km²)
A   Praga Hlavní město Praha   Praga 1 251 072 496
S   Bohemia Central Středočeský kraj   Praga 1 256 850 11.014
C   Bohemia Meridional Jihočeský kraj   České Budějovice 637.723 10.056
P   Plzeň Plzeňský kraj   Plzeň 571.831 7.561
K   Karlovy Vary Karlovarský kraj   Karlovy Vary 307.380 3.314
U   Ústí nad Labem Ústecký kraj   Ústí nad Labem 835.814 5.335
L   Liberec Liberecký kraj   Liberec 439.458 3.163
H   Hradec Králové Královéhradecký kraj   Hradec Králové 554.370 4.758
E   Pardubice Pardubický kraj   Pardubice 516.777 4.519
M   Olomouc Olomoucký kraj   Olomouc 641.555 5.267
T   Moravia-Silesia Moravskoslezský kraj   Ostrava 1 244 837 5.445
B   Moravia Meridional Jihomoravský kraj   Brno 1 152 819 7.197
Z   Zlín Zlínský kraj   Zlín 590.527 3.964
J   Vysočina Kraj Vysočina   Jihlava 514.805 6.795

NotasEditar

Véxase taménEditar