Abrir o menú principal

Kosmos 204

Satélite artificial soviético.

Kosmos 204 (Космос 204 en ruso), tamén denominado DS-P1-I Nº 3, foi un satélite artificial soviético lanzado o 5 de marzo de 1968 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][4]

Kosmos 204
TipoMilitar
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento5 de marzo de 1968, 11:20 GMT[1][2][3]
Foguete portadorKosmos 2I[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misiónServir de obxectivo para os radares militares terrestres.[2]
Decaemento2 de marzo de 1969[1]
NSSDC ID1968-015A
Masa400 kg[5]

CaracterísticasEditar

Kosmos 204 foi o terceiro membro da serie de satélites DS-P1-I, adicados a servir como obxectivos dos radares militares terrestres para a súa calibración. Foi lanzado por un foguete Kosmos 2I e inxectado nunha órbita inicial de 436 km de apoxeo e 275 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71,0 graos e un período de 91,3 minutos.[3][5]

Kosmos 204 reentrou na atmosfera o 2 de marzo de 1969.[1]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "COSMOS 204" (en inglés). Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). "Cosmos 204" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 12 April 1968 from the Deputy Minister for Foreign Affairs, Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (68-09081). 22 de abril de 1968: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de abril de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "DS-P1-I (11F620)" (en inglés). Consultado o 29 de xullo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "DS-P1-I" (en inglés). Consultado o 29 de xullo de 2012. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar