Kontrust é un grupo musical austríaco de crossover orixinario de Viena, contando coa participación da vocalista polaca Agata Jarosz. O grupo formouse no ano 2001, e déronse a coñecer por incorporar o uso de Lederhose nas súas actuacións e vídeos músicais. Os seus temas están escritos en inglés, incorporando en ocasións partes en alemá e linguas eslavas. O seu son mestura diversos xéneros musicais que van dende o nu metal, o folk metal, rap, rock e música electrónica.No ano 2006 gañaron o premio Austrian Newcomer Awards, otuorgado a músicos revelación en Austria.[1]

Kontrust
OrixeViena, Austria Austria
Período2001 – presente
Xénero(s)Crossover, Folk metal, New Wave, nu metal, hard rock, rock alternativo
MembrosAgata Jarosz
Stefan Lichtenberger
Robert Ehgartner
Mike Wolff
Gregor Kutschera
Roman Gaisböck
Manuel Haglmüller
Na rede
http://www.kontrust.info
Facebook: kontrust Twitter: kontrust MySpace: kontrust Musicbrainz: 3dffd6a7-9fc6-4875-be64-f4c71e195f5c Songkick: 555969 Discogs: 1739562 Editar o valor em Wikidata

O seu sinxelo "Bomba" do álbum Time To Tango (2009) estivo durante catro semanas consecutivas na lista de éxitos dos Países Baixos no ano 2010, acadando o posto número 47.[2] Ese mesmo ano foron nomeados na categoría Hard&Heavy dos Amadeus Austrian Music Awards, obtendo o primeiro premio nos mesmos.[3]

No ano 2011 participaron no festival Przystanek Woodstock en Polonia diante dunhas 300 000 persoas, acadando o récord de maior audiencia nun concerto musical dun artista austríaco.[4]

Discografía editar

Membros editar

Notas editar

  1. http://www.szene1.at/magazine/music/austrian_newcomer_award_2006
  2. http://dutchcharts.nl/showitem.asp?interpret=Kontrust&titel=Bomba&cat=s
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de febreiro de 2016. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2011. Consultado o 01 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar