Koke Vegas

futbolista español

Jorge Ruiz Ojeda, nado o 27 de setembro de 1995 en Antequera, é un futbolista español, que xoga de gardameta no Rhode Island FC, do USL Championship.

Koke Vegas
Información persoal
Nome Jorge Ruiz Ojeda
Nacemento 27 de setembro de 1995 (28 anos)
Lugar de nacemento Antequera
Altura 1,88 m.
Posición Gardameta
Información de club
Club actual Rhode Island FC
Número 1
Carreira xuvenil
Antequera
Málaga
Sevilla
Puerto Malagueño
Antequera
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2011 Antequera 2 (0)
2013–2015 Espanyol B 19 (0)
2015–2017 Levante B 41 (0)
2016–2021 Levante 6 (0)
2017–2018Alcoyano (cedido) 9 (0)
2019–2020Deportivo da Coruña (cedido) 0 (0)
2021Mallorca (cedido) 1 (0)
2022–2023 San Diego Loyal 63 (0)
2023– Rhode Island FC 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 12 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezos editar

Naceu en Antequera o 27 de setembro de 1995, sendo fillo do exfutbolista Kiko Vegas, porteiro entre outros clubs do CD Málaga nos anos 80.[1] Seguiu os pasos de seu pai e formouse como gardameta de fútbol na canteira do Antequera da súa vila natal, pasando tamén polas categorías inferiores doutros clubs andaluces como o Málaga CF ou o Sevilla. En abril de 2011, con só 15 anos, debutou co primeiro equipo do Antequera na Terceira División, nun partido ante o Huétor Tájar.

Espanyol editar

Ese mesmo ano, despois de realizar probas co Villarreal e o Aston Villa, ingresou no equipo xuvenil do Espanyol.[2] En 2013 subiu ao Espanyol B, da Segunda División B, categoría na que debutou o 6 de abril de 2014 nun partido ante o Hospitalet. Na tempada 2014/15 disputou 16 partidos co filial.

Levante editar

A continuación fichou por outro filial, o Atlético Levante, da mesma categoría. Foi titular na maioría de partidos da tempada 2015/16, contribuíndo a lograr a permanencia. O 4 de setembro de 2016 debutou co primeiro equipo do Levante na Segunda División, nun partido ante o Gimnàstic de Tarragona.[3]

Para a campaña 2017/18 saíu cedido ao Alcoyano, de Segunda B, pero foi recuperado polo Levante no mercado invernal para substituír no primeiro equipo ao australiano Mitch Langerak, traspasado ao Xapón.[4] Debutou na Primeira División na derradeira xornada de liga, fronte ao Celta de Vigo en Balaídos, encaixando catro goles (4-2).[5] Na seguinte tempada foi o terceiro porteiro do equipo, por detrás de Oier Olazábal e Aitor Fernández, sumando só un partido, de novo na última xornada.

Para a tempada 2019/20 foi cedido ó Deportivo da Coruña, da Segunda División.[6] No club galego continuou sen apenas oportunidades, sendo titular indiscutible o vigués Dani Giménez, polo que participou só en dous partidos da Copa do Rei, fronte a Illueca e Unionistas.

O 31 de xaneiro de 2020 foi repescado polo Levante, trala marcha de Oier do club valenciano rumbo ao Espanyol.[7] Inicialmente era o segundo porteiro do equipo por detrás de Aitor Fernández, pero acabou sendo a terceira opción do adestrador Paco López trala irrupción de Dani Cárdenas. Por este motivo, en febreiro de 2021 foi cedido ao Mallorca, de Segunda, onde xogou só o partido da última xornada, co equipo de Luis García xa ascendido. No verán de 2021 o seu contrato co Levante foi rescindido.[8]

Estados Unidos editar

Despois de cinco meses sen equipo e de ter disputado só oito partidos nos últimos catro anos e medio, en febreiro de 2022 decidiu probar sorte no fútbol dos Estados Unidos, asinando como novo xogador do San Diego Loyal, do USL Championship, segunda categoría do país.[9] Ás ordes do histórico exfutbolista Landon Donovan, fíxose inmediatamente coa titularidade e acadou os play-offs da liga dous anos seguidos. Xogou un total de 65 partidos oficiais co club californiano e o 22 de outubro de 2023 participou no derradeiro encontro da historia do club, fronte ao Phoenix Rising FC.[10]

Trala desaparición do Loyal, en novembro de 2023 converteuse na primeira fichaxe da historia do Rhode Island FC, club de nova creación adestrado polo antigo internacional bermudense Khano Smith.[11]

Notas editar

  1. "Koke Vegas, un portero cofrade de Primera" (en castelán). 27 de maio de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  2. "Koke Vegas, un futuro prometedor" (en castelán). 15 de maio de 2011. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  3. "El Levante deja escapar al final los primeros puntos". Marca (en castelán). 4 de setembro de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  4. "El Levante recupera al guardameta Koke Vegas tras la salida de Langerak" (en castelán). 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  5. "El día que Vegas vio a al malagueño Koke cumplir su sueño" (en castelán). 19 de maio de 2016. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  6. "Koke Vegas, portero del Levante, llega cedido al Deportivo". La Vanguardia (en castelán). 16 de xullo de 2019. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  7. Sancho de Rosa, Luis (31 de xaneiro de 2020). "El Levante recupera a Koke Vegas del Deportivo". As (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  8. "El Levante rescinde el contrato de Koke Vegas" (en castelán). 31 de agosto de 2021. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  9. Picó, Diego (11 de febreiro de 2022). "Koke Vegas se lanza a la aventura americana". Marca (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  10. Tripp, Darnay (23 de outubro de 2023). "San Diego Loyal's impactful four-year run ends with 4-3 playoff loss to Phoenix Rising" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024. 
  11. "Rhode Island FC Signs First Player Ahead of Inaugural Season" (en inglés). 1 de novembro de 2023. Consultado o 12 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar