Kinaros
Kinaros ou Cinarus (Kinaros: Zinari) (grego: Κίναρος), é unha pequenailla grega no mar Exeo, o nome ven da alcachofa (kinara) que se producen en Kinaros.[1][2] Atópase ao oeste de Kalymnos e Leros e ao leste de Amorgos, 5'5 millas náuticas ao oeste-suroeste de Lévitha,[3] é a segunda illa máis occidental do Dodecaneso logo de Astypalea. Ten unha superficie de 4'5 km. o punto máis alto da illa ten 296 m. A poboación da illa segundo o censo de 2011 é de 2 habitantes.
Κίναρος (el) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Grecia | ||||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | ||||
Periferias | Exeo Meridional | ||||
Grupo | Dodecaneso - Δωδεκάνησα | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1 (2022) (0,22 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 4,577 km² | ||||
Medición | 2,4 () × 4,5 () km | ||||
Bañado por | Mar Exeo | ||||
Altitude | 296 m | ||||
Xeografía
editarKinaros pertence a un grupo de seis pequenas illas e algúns illotes, que se atopan entre Leros e Kálimnos no leste e a illa cicládica de Amorgos no oeste. Ao sur atópase Astipalea. Ademais de Kinaros que ten unha superficie de 4´577 km², este grupo de illas componse de Plaka no oeste, Glaros, as dúas illas Mavra e Lebynthos no leste. Kinaros é accesible a través das illas de Amorgós ou Kálimnos mediante lanchas rápidas. Nos meses de verán ofrécense excursións a Amorgós desde Leros e Egiali.
No lado sur da illa hai algunhas baías profundas, similares a fiordes, que ofrecen uns ancoraxes naturais para a protección dos ventos do norte. O lado occidental ten costas escarpadas inaccesibles. As plantas típicas son a maquia e a garriga que dominan a paisaxe.
Historia
editarDebido á localización xeográfica de Kinaros, na antigüidade era un ancoraxe importante para os buques que viaxaban entre as illas Cícladas e o Dodecaneso. Suponse que había un pequeno asentamento na illa. Restos de construcións poden ser detectados arqueoloxicamente.
Kinaros hoxe
editarDebido á remota localización da illa esta foi abandonada polos seus habitantes en 1960, foi habitada por pescadores de novo brevemente. En 2000, unha parella de anciáns trasladouse de novo á illa. Os residentes para o seu autoabastecemeento practican a agricultura e manteñen algunhas cabras. Para obter enerxía instalouse un sistema fotovoltaico. Aínda que houbo xente outra vez na illa os esforzos pola recepción de teléfono fixos e móbiles resultaron baldeiros para restablecer unha conexión a Internet vía satélite.
Ano | 1947 | 1951 | 1961 | 1971 | 1981 | 1991 | 2001 | 2011[5] |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Habitantes | 15 | 12 | - | 3 | 4 | 2 | 2 | 0 |
O último home que viviu na illa (coa súa esposa, Helen Thera) Mickes Katsotourchis, morreu o 10 de xuño de 2013.
Sucesos
editarO 11 de febreiro de 2016, un helicóptero Agusta-Bell AB212 PN28 da armada grega estrelouse na illa de Kinaros durante unha misión de adestramento pola noite, morrendo os tres militares a bordo.[6]
Referencias
editar- ↑ Dictionary of Greek and Roman Geography (1854) (ed. William Smith, LLD) http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Per... English
- ↑ Perseus: Harry Thurston Peck, Harpers Dictionary of Classical Antiquities (1898) http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Per... English
- ↑ "KINAROS (Island) LEROS - GTP". www.gtp.gr. Consultado o 2016-02-13.
- ↑ Evolución demográfica de Kinaros 1947–2001, Oficina Grega de Estatística ELSTAT, Digitale Bibliothek (grego)
- ↑ Resultado do Censo de 2011, Oficina Grega de Estatística (ΕΛ.ΣΤΑΤ) Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (Excel-Documento, 2,6 MB)
- ↑ "Hellenic Navy helicopter crashes on Kinaros during military exercise". tovima.gr. Consultado o 13 de febreiro de 2016.