Kimberley, Australia Occidental

rexión de Australia Occidental

A rexión de Kimberley é unha das nove rexións de Australia Occidental (Western Australia). Abrangue o sector norte de Australia Occidental e está limitada: ó oeste, polas costas que baña o océano Índico; ó norte, polo mar de Timor; ó leste, co Territorio do Norte; e nó sur, atópanse os desertos Gran Deserto Areoso e Tanami.

Localización de Kimberly.

A rexión foi denominada na honra de John Wodehouse, 1.er Conde de Kimberley, quen foi Secretario de Estado para as Colonias dende 1870 a 1874 e dende 1880 a 1882.[1]

Historia editar

Kimberley foi unha das primeiras rexións en ser colonizadas en Australia; os primeiros desembarcos remóntanse a hai 41 000 anos, probablemente dende as illas que hoxe forman parte de Indonesia.[2]

En 1837, co apoio da Royal Geographical Society, os tenentes George Grey e Franklin Lushington, cun grupo de 12 homes navegaron no schooner Lynher dende Cidade do Cabo chegando á baía de Hanover o 2 de decembro de 1837. O grupo internouse terra dentro o 19 de xaneiro de 1838.[3] Tanto os líderes como os homes carecían por completo de experiencia, o avance viuse demorado por inundacións na rexión, deberon abandonar numerosas provisións, e o grupo dividiuse numerosas veces a pesar da presenza de gran cantidade de aborixes que lles eran hostís. O 11 de febreiro, Grey enfermou de gravidade, pero logo de dúas semanas continuou a exploración. O grupo descubriu e nomeou o río Gairdner, o río Glenelg, as cordilleiras Stephen e Whately e o monte Lyell antes de regresar á baía Hanover en abril. Foron recollidos polo Beagle e o Lynher e levados a Mauricio para recuperarse.[4]

Notas editar

  1. Room, Adrian. Placenames of the world: origins and meanings of the names for 6,600 countries, cities, territories, natural features, and historic sites. McFarland. ISBN 978-0-7864-2248-7. 
  2. "Excavations revealing 40 000 years of occupation at Mimbi Caves, south central Kimberley, Western Australia" (51). Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2013. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  3. "Arts and Sciences - Royal Geographical Society" (1139). 
  4. "Grey, Sir George (1812–1898)". National Centre of Biography, Australian National University.