Kim Tillie

baloncestista francés

Kim Tillie, nado o 15 de xullo de 1988 en Cagnes-sur-Mer, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga no Cholet Basket da LNB Pro A. Cunha estatura de 2,11 metros xoga nas posicións de ala-pivote e pivote.

Kim Tillie
Cholet Basket  – No. 14
Información persoal
Nacemento 15 de xullo de 1988 (35 anos)
Cagnes-sur-Mer, Francia
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 105 kg (232 lb)
Posición Ala-pivote / Pivote
Información da carreira
Instituto Lycee Jean de la Fontaine (París)
Universidade Utah (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Elección: Sen draftear
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
ASVEL (2010–2012)
UCAM Murcia (2012–2014)
Baskonia (2014–2017)
Olympiacos (2017–2018)
Gran Canaria (2018–2019)
AS Monaco (2019–2020)
Budućnost Podgorica (2020)
Ryukyu Golden Kings (2020−2021)
Kolossos Rodou (2021−2022)
Cholet Basket (2022−presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2010, Tillie regresou a Francia para xogar no ASVEL Basket, equipo co que asinou por dúas tempadas.[1]

O 18 de xullo de 2012, anunciouse a fichaxe de Tillie por dúas tempadas polo UCAM Murcia da Liga ACB.[2] En xullo de 2014, Tillie fichou polo Baskonia.[3]

O 25 de xullo de 2018, Tillie asinou un contrato dun ano co CB Gran Canaria da Liga ACB.[4]

Notas editar

  1. "ASVEL inks former Utes Kim Tillie". Sportando.com. 25 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  2. El UCAM Murcia ficha al pívot francés Kim Tillie
  3. "Laboral Kutxa, Kim Tillie agree". Euroleague.net. 18 de xullo de 2014. Consultado o 11 de agosto de 2014. 
  4. "Herbalife Gran Canaria reaches an initial agreement with Kim Tillie - Club Baloncesto Gran Canaria". Club Baloncesto Gran Canaria. 25 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2018. Consultado o 25 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar