Khinkali
Khinkali (en xeorxiano: ხინკალი) son pasteis de masa cocidos, típicos de Xeorxia; son especialmente consumidos en restaurantes chamados sachinkle, normalmente cunha cervexa.[1]
Khinkali ხინკალი | |
Khinkali. | |
Tipo | Pastel |
Orixe | Xeorxia |
Ingredientes | |
Animal | Carne Queixo |
Vexetal | Cebola Pataca Allo Cogomelo |
Relacionados | |
Receita | Receita de Khinkali |
A masa está feita con fariña de trigo, auga, sal e ovos enteiros (opcional) e amasada ata poderse tender; cóbrese e déixase repousar, en canto se prepara o recheo. Este pode ser de carne moída, cogomelos ou queixo. A carne pode ser de vaca, de año, de porco, ou dunha mestura de carnes. A carne mestúrase con cebola e allo, sal e pementa, engadindo auga ou caldo para poder mesturar. A salsa é opcional, así como a pementa vermella ou páprica.[2]
A masa esténdese sen estar demasiado fina e nela córtanse redondeles, que se estenden de novo para facer unha cama fina. Colócase unha boa porción de recheo no centro de cada redondel e féchase en forma de pera, deixando no tope unha especie de "botón" de masa. Os pasteis son cocidos en auga con sal durante o tempo suficiente para cociñar o recheo. Sérvense quentes.
Nas zonas musulmás de Xeorxia e Acerbaixán adóitase facer con carne de boi, xa que non poden comer carne de porco.
Notas
editar- ↑ (en inglés) “Georgian cuisine” no site GeorgianRecipe.com Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine.
- ↑ (en inglés) Receita de “khinkali” no site GeorgianRecipes.net