Kenzaburō Ōe

(Redirección desde «Kenzaburo Oe»)

Kenzaburō Ōe (大江 健三郎), nado en Ouse (na actualidade parte do Uchiko, da prefectura de Ehime) o 31 de xaneiro de 1935 e finado en Toquio o 3 de marzo de 2023, foi un escritor xaponés. En 1994 converteuse no segundo xaponés gañador do premio Nobel de Literatura. Foi profesor do Colexio de México. O seu fillo, Hikari Ōe, padece de deficiencia mental, o que o levou a escribir Unha cuestión persoal (1964). En español foi traducido polo artista Kazuya Sakai e por Miguel Wandenbergh.

Kenzaburō Ōe
Nacemento31 de xaneiro de 1935
Lugar de nacementoŌse
Falecemento3 de marzo de 2023
CausaSenilidade
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade de Toquio
Ocupaciónnovelista, ensaísta, guionista, profesor universitario, escritor de ciencia ficción e escritor
FillosHikari Ōe
Coñecido porA Personal Matter e The Silent Cry
PremiosPrémio Akutagawa, Shinchosha literature award, Prémio Tanizaki, Noma Literary Prize, Prémio Yomiuri, Prêmio Osaragi Jirō, Kawabata award, Sei Itō Award, Orden da Cultura, Premio Nobel de Literatura, Asahi Prize, Grinzane Cavour Prize e comendador da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm0644192 Allocine: 686267
Last fm: 大江健三郎 Discogs: 2923301 WikiTree: 大江-9 Genius: Kenzaburo-oe Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pasa a súa infancia e adolescencia en Ouse ata que, en 1954, se traslada a Toquio para iniciar a carreira de Filosofía e Letras. Finaliza a súa licenciatura catro anos despois, especializándose en literatura europea.

A súa vocación literaria parte da necesidade de aliviar o desarraigamento cultural e recuperar o que chamou "a mitoloxía do meu pobo". As súas obras, influenciadas fortemente pola literatura francesa, norteamericana e a teoría literaria, ligan coas ideas políticas, sociais e filosóficas incluíndo as armas nucleares, o non conformismo social e o existencialismo. O seu estilo é directo, de frases curtas e contundentes, que se nutren de poderosas imaxes poéticas e abundantes reflexións metafísicas.

En 1958 recibe o Premio Akutagawa pola súa novela "En Presa|Toma", na que narra as súas vivencias infantís.

En 1963 nace o seu fillo Hikari (luz), discapacitado por unha hidrocefalia e condenado ao autismo. Este acontecemento vaise a converter no eixo principal da súa vida e da súa obra. Os seus títulos máis importantes, como Unha cuestión persoal, Dinos como sobrevivir á nosa tolemia ou O berro silencioso virarán, en maior ou menor medida, en torno ao tema do seu fillo, como tamén ¡Espertade, oh novos da nova era! .

No ano 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Literatura, xa que segundo a Academia Sueca, que coa forza poética da súa obra creou un mundo imaxinario, onde a vida e a mente se condensan para formar un cadro desconcertante dos problemas do home nos nosos días.

Obra seleccionada editar

  • Shisha no ogori (1958)
  • Memushiri kouchi (1958)
  • Miru mae ni tobe (1958)
  • Nichijo seikatsu no boken (1963)
  • Kojinteki na taiken (1964)
  • Hiroshima noto (1965)
  • Man'en gannen no futtoboru (1967)
  • Warera no kyoki o iki nobiru michi o oshieyo (1969)
  • Okinawa noto (1970)
  • Shosetsu no hoho (1978)
  • Atarashii hito yo, mezameyo (1983)
  • Natsukashii toshi e no tegami (1986)
  • M/T to mori no fushigi no monogatari (1986)
  • Jinsei no shinseki (1989)
  • Chiryo no to (1990)
  • Sukuinushi' ga nagura reru made (1993)
  • Yureugoku (Vashirēshon) (1994)
  • Ōinaru hi ni (1994)
  • Kaifukusuru kazoku (1995)
  • Torikae ko (Chenjiringu) (2001)
  • Ureigao no dōji (2002)
  • Ni hyaku nen no kodomo (2003)
  • Sayōnara, watashi no hon yo! (2005)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar