Oligofrenia

(Redirección desde «Deficiencia mental»)

O atraso mental, debilidade mental ou oligofrenia, consiste nun nivel xeral de desenvolvemento intelectual notabelmente inferior á media da poboación, o que implica deficiencias na conduta adaptativa. Trátase dun trastorno permanente que altera a personalidade globalmente desde moi curta idade.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Tipoloxías

editar

Establécense en función do grao de adaptación e rendemento afectivo, social e laboral.

Oligrofenia profunda

editar

Incapacidade para a aprendizaxe, ausencia de xuízo e razoamento, falta de recoñecemento dos obxectos e da maior parte das persoas. O individuo non ten consciencia da súa existencia, das persoas que o rodean nin das súas necesidades.

Afectivamente só mostra risos e prantos motivados; non sorrí nin dá mostras de cariño. Sobresáltase por estímulos externos. Vive completamente illado e rexeita os cambios.

Carece de capacidade lingüística ou está moi reducida. Non anda ou faino con dificultade. Hai que lle dar de comer, ten unha vida puramente vexetativa e con actividades monótonas: unha vida oroalimentaria.

Estes casos adoitan ir acompañados de malformacións.

Oligrofenia menos profunda

editar

Ten unha capacidade limitada para a aprendizaxe. O pensamento é restrinxido. É lento á hora de dar respostas específicas e coñecer as persoas e cousas que o rodean. Ten dificultades para se orientar no espazo e no tempo.

É algo máis consciente da súa existencia. Mostra unha afectividade superficial. É egocéntrico e cambiante nos afectos; móstrase eufórico ocasionalmente.

Os movementos son lentos e pouco coordinados. O vocabulario é reducido e rudimentario.

Oligrofenia leve

editar

Ten capacidade para a aprendizaxe mais é lento para coñecer as cousas e distinguir as persoas. Ten un xuízo pobre e dificultades de lectoescritura e cálculo. Fállanlle a memoria, a atención e a compresión. Apenas utiliza os conceptos aprendidos e carece de creatividade para progresar a partir do xa aprendido.

É consciente do seu atraso e ten conciencia da súa persoa e das persoas máis próximas. Mostra unha afectividade superficial e "pegañenta", con tendencia ao egocentrismo. Interésase polas cousas que pode conseguir de forma inmediata. Pode realizar traballos simples.