O egocentrismo[1] é a incapacidade para diferenciar entre un mesmo e os outros. Máis concretamente, impide desligar os propios esquemas subxectivos dunha realidade obxectiva, polo que non se pode entender ou asumir ningunha perspectiva diferente da propia.[2][3]

Egocentrismo.

Aínda que o egocentrismo e o narcisismo parecen semellantes non o son. Unha persoa egocéntrica cre que é o centro da atención, coma un narcisista, mais non recibe gratificación pola súa propia admiración. Os egotistas e os narcisistas son persoas cuxo ego está moi influenciado pola aprovación dos demais, mentres que nos egocentristas isto non é certo.

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para egocentrismo.
  2. Anderman, Eric M.; Anderman, Lynley H. (2009). "Egocentrism". Psychology of Classroom Learning: An Encyclopedia 1: 355–357. 
  3. Young 2011, p. 134.