Kenzō Tange

arquitecto xaponés


Kenzō Tange (丹下健三, Tange Kenzō), nado en Sakai o 4 de setembro de 1913 e finado en Toquio o 22 de marzo de 2005, foi un arquitecto xaponés gañador do Premio Pritzker de Arquitectura no ano 1987. Foi un dos máis significativos arquitectos do século XX, mesturando o estilo tradicional xaponés co modernismo, e deseñando edificios monumentais ao longo de todo o mundo.

Modelo:BiografíaKenzō Tange

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 丹下健三 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Sakai (Imperio do Xapón) Editar o valor en Wikidata
Morte22 de marzo de 2005 Editar o valor en Wikidata (91 anos)
Minato, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónTokyo Imperial University (en) Traducir
Hiroshima High School (en) Traducir
Universidade Nihon (pt) Traducir
Ehime Prefectural Imabari Nishi High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoArquitectura Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecto, urbanista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Toquio
Tange Associates (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
FillosNoritaka Tange Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Тангэ Кэндзо)
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 11 (en) Traducir, (p.562) Editar o valor en Wikidata
Páxina webtangeweb.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1041475 WikiTree: 丹下-3 Find a Grave: 10652910 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

No ano 1949 gañou a competición do redeseño de Hiroshima, logo da bomba atómica no ano 1945. O seu deseño para o Parque da Paz e o Memorial da Paz lembran moito a Le Corbusier, e son chamados moitas veces como "o corazón espiritual da cidade". Unha das razóns polas que fixo o proxecto foi que el estudara nesa cidade na súa xuventude.

Tange gañou fama e recoñecemento internacional polo seu deseño do ximnasio para os Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio. Unha referencia do Premio Pritzker descríbeo como "un dos edificios máis bonitos do século XX". Tamén foi coñecido polo seu "Plan para Toquio" no 1960, no cal fixo unha proposta radical para o redeseño da cidade. Aínda que non foi aplicado na súa totalidade, marcou moita influencia en arquitectos de todo o mundo.

No ano 2005, o seu funeral foi realizado nun dos seus traballos, a Catedral de Toquio.

Principais proxectos

editar
  • Parque da Paz de Hiroshima (1955)
  • Edificio Gobernamental da prefectura de Kagawa, Takamatsu (1958)
  • Catedral da Santa María de Toquio (1964)
  • Yoyogi, Ximnasio Nacional para os Xogos Olímpicos de 1964 (1964)
  • Localización da Expo '70, Suita, Osaca (1970)
  • Hanae Mori Edificio Aoyama, Toquio (1979)
  • Universidade Tecnolóxica de Nanyang (1986)
  • Edificio do Goberno Metropolitano de Toquio, Shinjuku (1991)
  • Edificio da Televisión Fuji, Odaiba, Toquio (1996)
  • WKC Centro de denselvolvemento da Saúde, Kobe (1998)
  • Hotel Tokyo Dome (2000)
  • Hwa Chong Institution Boarding School, Singapur (2005)

Galería

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar