Odaiba é unha illa artificial situada na baía de Toquio. A illa construíuse orixinariamente como forte defensivo contra os ataques navais de 1853. Non foi até a última década do século XX cando se expandiu como área comercial, residencial e de lecer.

Modelo:Xeografía políticaOdaiba
お台場 (ja) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia adaiba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
Mapa
 35°37′48″N 139°46′30″L / 35.63, 139.775Coordenadas: 35°37′48″N 139°46′30″L / 35.63, 139.775
EstadoXapón
Metropolitan prefecture (en) TraducirToquio
Região especial (pt) TraducirMinato
Chōchō (pt) TraducirDaiba (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Bañado porBaía de Toquio Editar o valor em Wikidata

Odaiba ponte a DiverCity
Odaiba, réplica da Estatua da Liberdade

Inicialmente erguéronse seis fortes protexidos con baterías de canóns. A palabra xaponesa ″daiba″ ten por significado un lugar (ba) para unha batería de artillaría (dai). E dado que a illa se gobernaba baixo o control directo do shogunato, engadíuselle o prefixo honorífico o-. Posteriormente, a illa gañoulle terreo ao mar con obras de recheo.[1]

Localización editar

Pódese acceder á illa Odaiba desde o centro de Toquio cruzando a ponte Rainbow Bridge na liña Yurikamome. Esta é unha liña de tren automatizada que une Shimbashi con Toyosu, e que conta con varias paradas en Odaiba (15 min, 320 iens / 820 iens pase de día, non incluída no JR Pass).[2] Alternativamente, Odaiba é accesíbel en transporte público desde a estación de Osaki (liña Yamanote). Igualmente existen diversos cruceiros fluviais polo río Sumida que unen Asakusa e o parque Kasai Rinkai con Odaiba.

Historia recente editar

Hoxe en día no Xapón coñécese a Daiba como un dos distritos que forman parte do barrio de Minato, mentres que o que recibe o nome de Odaiba inclúe, ademais, distritos doutros barrios da cidade.

A Odaiba contemporánea, forte foco de investimento inmobiliario, desacelerou a súa expansión na crise financeira xaponesa da década dos 90, cando os prezos na súa área residencial caeron nun 70%. [3]

Ao redor do ano 2010, coas melloras no transporte público e coa chegada de novas empresas á illa, así como a apertura de varios hoteis e centros de convencións, Odaiba comezou a súa recuperación e foco turístico, o que derivou na apertura dunha das únicas dúas praias da cidade de Toquio (na que non está permitido o baño).[4]

Turismo editar

En Odaiba atópase a réplica da Estatua da Liberdade, paralela á ponte do Rainbow Bridge. O centro comercial DiverCity, especialmente coñecido polo seu Gundam, na versión Gundam Unicornio, a escala real co personaxe situado ás portas do local, aberto en 2012 para complementar a oferta turística da illa.

A sede de Fuji TV, obra do arquitecto xaponés Tange Kenzo en 1996, permite a entrada de visitantes e guía en aberto durante a gravación de programas e ao miradoiro do seu edificio.

Na illa o visitante pode achegarse á nora Daikanransha, de 115 metros de alto e inaugurada no ano 1999 que ten vistas sobre toda a baía. Alí sitúase o centro Toyota Megaweb, un salón de exposicións de Toyota, con instalacións de lecer relacionadas co mundo do motor, seguridade vial, pistas de condución, coches en exposición etc. Tamén se encontra alí o Miraikan, o “Museo do Futuro”, o museo nacional xaponés de ciencia emerxente e innovación, con áreas dedicadas á robótica xaponesa, ou o Museo de Ciencia Marítima, con forma de embarcación.

O Oedo Onsen Monogatari, é un complexo con baños termais para todos os públicos. Este onsen está dividido nunha parte tradicional, segregada por sexos e baño nu; así como unha parte shitamachi, emulando unha cidade tradicional do período Edo e que esixe o pase vestido en yukata.[5]

A visita ao Tokyo Big Sight, centro de convencións ou ao Odaiba Marine Park, parque público.

Notas editar

  1. Dodd, Jan; Richmond Vazquez, Simon (2008). The Rough Guide to Japan. Rough Guides. 
  2. Odaiba (en inglés)
  3. Odaiba Arquivado 19 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
  4. Odaiba(en inglés)
  5. oedo onsen monogatari Arquivado 23 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.(en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar