Kenneth D. Cameron

Astronauta estadounidense

Kenneth Donald Cameron é un astronauta estadounidense que participou nas misións STS-37, STS-56 e STS-74. Pasou un total de 23,42 días no espazo.[1][2]

Infotaula de personaKenneth D. Cameron

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de novembro de 1949 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Cleveland, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónMichigan State University (pt) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Escola de Piloto de Teste Naval dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónoficial , empresario , aviador , astronauta , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNASA, astronauta Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarCorpo de Fuzileiros Navais dos Estados Unidos (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Rango militarcoronel (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra do Vietnam Editar o valor em Wikidata
Tempo no espazo23 días, 10 horas e 11 minutos Editar o valor em Wikidata
Misión do astronauta
Premios

Traxectoria editar

Cameron naceu o 29 de novembro de 1949 en Cleveland, Ohio. É graduado en ciencia aeronáutica e astronáutica polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978, e máster polas mesmas materias en 1979. Graduouse na Escola de Pilotos de Proba da Armada dos Estados Unidos en 1983. Fixo varios cursos de idioma ruso e sistemas espaciais rusos no MIT, o JSC e o Centro de Adestramento Cosmonauta Gagarin en Moscova. Ten un máster en administración de empresas pola Universidade do Estado de Míchigan en 2002. Está casado e ten dous fillos. Entre as súas afeccións están o atletismo, a carpintería e o motociclismo.[1][2]

Foi seleccionado como candidato pola NASA en maio de 1984, converténdose oficialmente en astronauta en xuño de 1985. Formou parte da tripulación das misións STS-37 como piloto e das STS-56 e STS-74 como comandante.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "KENNETH D. CAMERON (COLONEL, USMC, RET.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2017. Consultado o 4 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Cameron, Kenneth Donald" (en inglés). Consultado o 4 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar