Carpintaría

(Redirixido desde "Carpintería")

A carpintaría[1] ou carpintería[2] é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.[3] A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999.[4] É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal.

Carpinteiros traballando.

EtimoloxíaEditar

A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latín carpentrius [artifex], "(fabricante) dun transporte".[5]

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carpintaría.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carpintería.
  3. Roza, Greg. A career as a carpenter. New York: Rosen Pub., 2011. 6. Print.
  4. "Evidence From Census 2000 About Earnings by Detailed Occupation for Men and Women. Census 2000 Special Reports, May 2004." (PDF). Consultado o 2/9/2006. 
  5. "The American heritage dictionary of the English language". Arquivado dende o orixinal o 07/06/2007. Consultado o 6/6/2017. 

 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.