Kastós (en grego, Καστός) é unha illa grega e unha comunidade das Illas Xónicas. Desde a reforma de 2011 ds gobernos locais forma parte do municipio de Lefkada, da cal é unha unidade municipal.[1] Forma parte da prefectura de Lefkada. Ata mediados da década de 1970, a illa foi administrada por Cefalonia na prefectura de Itaca. A illa máis próxima é Kálamos, cunha canle profunda entre elas, a parte continental está, aproximadamente, a 5 km ao nordés da prefectura de Aitoloakarnania. Kastós ten unha escola, unha igrexa e unha praza (plateia), o liceo (escola media) e o ximnasio (escola secundaria) máis próximos atópanse na prefectura de Aitoloakarnania na Grecia continental, pero a maioría dos seus estudantes tamén asisten aos de Nydri (na illa de Lefkada).

Kastós - Καστός
Καστός
Localización da illa
Situación
PaísGrecia
ArquipélagoIllas Xónicas
MarMar Mediterráneo
Coordenadas38°34′N 20°55′L / 38.567, -20.917
Xeografía
Superficie5´9 km²
Longura máxima8 km.
Largura máxima1 km.
Punto máis alto142 m.
Demografía
CapitalKastós
Poboación80 hab.
Lingua propiaGrego

Xeografía editar

A illa ten 7 km de longo de norte a sur e 800 m de ancho. Cunha superficie de 5´901 km², e o seu punto máis alto é de 142 m sobre o nivel do Mediterráneo.

A illa ten unha soa vila, a homónima Kastós, situado na costa leste. Ten unha poboación de ao redor de 120 habitantes, que se dedican principalmente á pesca e os servizos turísticos. Durante o verán a diáspora retorna a Kastioti para as vacacións e, xunto coa flutuación dos visitantes que chegan en barcos, forman o seu carácter estacional.

Notas editar

  1. Kallikratis law Arquivado 13 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Greece Ministry of Interior (en grego)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar