Kassius Robertson

baloncestista canadense

Kassius Robertson, nado o 20 de abril de 1994 en Toronto, Ontario, é un xogador profesional de baloncesto canadense que xoga no Valencia Basket da Liga ACB. Cunha altura de 1,91 m xoga na posición de escolta.

Kassius Robertson
Valencia Basket
Información persoal
Nacemento 20 de abril de 1994 (29 anos)
Toronto, Ontario
Nacionalidade Canadá
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 82 kg (181 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Vaughan (Vaughan, Ontario)
Thornlea (Thornhill, Ontario)
Universidade Canisius (2014–2017)
Missouri (2017–2018)
NBA Draft 2018 / Elección: Sen draftear
Carreira 2018−presente
Historial de equipos
Medi Bayreuth (2018−2019)
Fortitudo Bologna (2019–2020)
Obradoiro (2020–2022)
Pallacanestro Reggiana (2022)
Obradoiro (2022–2023)
Scarborough Shooting Stars (2023)
Valencia Basket (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

En xuño de 2018, Robertson asinou co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga.[1] Nunha tempada na Bundesliga, acadou 12.3 puntos por encontro.

En xullo de 2019, Robertson asinou co Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A.[2] O 3 de marzo de 2020, Robertson foi cortado polo equipo italiano.[3]

O 18 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Robertson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[4] O 20 de decembro de 2020, Robertson anotou 37 puntos na vitoria do Obradoiro contra o Casademont Zaragoza, a maior anotación individual na historia do equipo santiagués en ACB, superando os 36 puntos acadados por Maxi Kleber en marzo de 2015.[5][6] Tras a súa primeira tempada no Obradoiro, na que Robertson foi o máximo anotador da tempada con 15.2 puntos por encontro, o 16 de xullo de 2021 anunciouse a súa continuidade por unha tempada máis.[7]

O 15 de agosto de 2022, Robertson asinou co Pallacanestro Reggiana da Lega Basket Serie A.[8]

O 27 de novembro de 2022, Robertson regresou ó Obradoiro CAB da Liga ACB, tras asinar ata final de tempada.[9]

O 17 de xullo de 2023, Robertson asinou co Valencia Basket da Liga ACB por dúas tempadas.[10]

Notas editar

  1. "Kassius Robertson just signed with your new favorite Bundesliga hoops team". SB Nation. 28 de xuño de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018. 
  2. "Kassius Robertson signs with Fortitudo Bologna". Sportando. 16 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  3. "Risoluzione consensuale con Kassius Robertson". fortitudo103.it. 3 de marzo de 2019. 
  4. "O Monbus Obradoiro ficha a Kassius Robertson". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2020. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  5. "O Monbus Obradoiro recupera o acerto para sumar a sexta vitoria (102-91)". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2021. Consultado o 21 de decembro de 2020. 
  6. KASSIUS ROBERTSON en modo metralleta: ¡37 puntos con 9 triples! | Liga Endesa 2020-21
  7. "Kassius Robertson continuará vestindo a camiseta do Monbus Obradoiro na tempada 2021/22". Obradoirocab.com. 16 de xullo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  8. "Pallacanestro Reggiana officially signs Kassius Robertson" (en inglés). Sportando. 15 de agosto de 2022. Consultado o 17 de agosto de 2022. 
  9. "Kassius Robertson regresa ao Monbus Obradoiro". Obradoirocab.com. 27 de novembro de 2022. Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2022. Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  10. "Kassius Robertson, explosividad anotadora para Valencia Basket" (en castelán). ACB.com. 18 de xullo de 2023. Consultado o 18 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar