Karl Geary

actor estadounidense

Karl John Geary, nado o 31 de maio de 1972 en Dublín, é un actor irlandés de cine, televisión e teatro.

Modelo:BiografíaKarl Geary
Biografía
Nacemento31 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión, actor de teatro, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeLaura Fraser (2003–) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0311297 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Emigrou a Estados Unidos á idade de quince anos en 1987 e actualmente é un cidadán estadounidense. Ten sete irmáns e irmás. Apareceu no libro de Madonna chamado Sex. Os seus papeis en televisión e cinema inclúen títulos como Sex and the City, Hysteria – The Def Leppard Story, e no 2001 Hamlet. No 2003 escribiu o guión do filme Coney Island Baby e no 2008 fixo de Coffey, o papel princial do filme The Burrowers.

Vida persoal

editar

No ano 2003, casou coa actriz escocesa Laura Fraser. Teñen unha filla en común e actualmente viven en Brooklyn.

Filmografía

editar