Abrir o menú principal

Laura Fraser, nada o 24 de xullo de 1976 en Glasgow, é unha actriz escocesa.

Laura Fraser
Nome completoLaura Fraser
Nacemento24 de xullo de 1976 (43 anos)
LugarGlasgow, Escocia Escocia
NacionalidadeReino Unido
Educada enHillhead High School
Cónxuxe(s)Karl Geary
Fillos1 filla
ProfesiónActriz (1996–presente)
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fraser é a filla de Rose, unha profesora universitaria e enfermeira, e Alister Fraser, un guionista que tamén traballou en empresas.[1] Asistiu ó "Hillhead High School" e é membro da "Scottish Youth Theatre". Tamén se formou na "Royal Scottish Academy of Music and Drama". O seu debut televisivo foi en na serie da BBC Neverwhere (1996). No 1998 apareceu noutra produción da BBC chamada The tribe e co papel de "Lavinia" en Titus (1999). Tamén fixo outras aparicións en filmes como Vanilla Sky (2001), He knew he was right (2005), Casanova (2005), Reinchenbach falls, Talk to me (2007), Florence Nightingale (2008) e Single Father (2010).

Vida persoalEditar

Ten tres irmáns e está casada dende o 2003 co actor irlandés-estadounidense Karl Geary. Teñen unha filla en común.[2]

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. FilmReference.com — Laura Fraser Biography (1976–)
  2. FilmReference.com — Biografía de Laura Fraser (1976–)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar