K'inich K'an Joy Chitam II
K'inich K'an Joy Chitam II ou Kan Joy Chitam II, nado o 2 de novembro de 644 e finado c. 721, foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. É tamén referido como Kan Xul II e K'an Hok' Chitam II. O seu nome pode ser traducido como Gran Pecarí Precioso ou Pecarí Amarelo Atado.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de novembro de 644 |
Morte | 711 (66/67 anos) |
13º Ajaw de Palenque | |
30 de maio de 702 – 711 ← K'inich Kan Bahlam II – K'inich Ahkal Mo' Naab III → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | México |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Pais | K'inich Janaab' Pakal e Tz'akbu Ajaw |
Irmáns | K'inich Kan Bahlam II e Tiwol Chan Mat |
Nacemento e entronización
editarFoi neto de K'an Mo' Hix e Sak K'uk' e fillo de Pakal o Grande e Tz'akbu Ajaw. De acordo á conta longa do calendario maia, naceu o 9.10.11.17.0 11 ajaw 8 mak, é dicir, o 2 de novembro de 644.[1] Foi irmán do seu antecesor K'inich Kan Balam II.[2] Foi entronizado o 9.13.10.6.8 5 lamat 6 xul, é dicir, o 30 de maio de 702.
Joy Chitam mandou tallar un taboleiro no Palacio de Palenque para plasmar o seu entronización. Trátase dunha escena imaxinaria na cal o seu pai Pakal “o Grande” lle entrega o diadema real, mentres que a súa nai, Tz'akbu Ajaw, lle entrega as insignias de guerra. Outro taboleiro que se resgarda no museo Dumbarton Oaks, mostra outra escena imaxinaria na cal Joy Chitam danza personificado como o deus Chaahk mentres os seus pais o miran.[3] Contraeu matrimonio con Ix Kinnuw Mat (ou Hun K'Anleum), tamén coñecida como o Señora Corvo mariño ou Señora Telaraña.[4]
Campañas militares
editarFoi herdeiro da guerra que iniciou o seu irmán contra o señorío de Po' Winiko' ob', en cuxa sede principal Toniná, gobernaba K'inich B'aaknal Chaak, quen xurara vinganza en contra do señorío de B'aakal. No ano 711, Joy Chitam foi capturado polos seus inimigos. Non foi sacrificado conforme os costumes bélicos maias, probablemente foi liberado no 718, ano no que, segundo as inscricións do taboleiro de K'an Tok, investiu a un sacerdote de nome Janaahb' Ajaw, neto de Pakal “o Grande”. Trala derrota militar e a ausencia do ahau, o señorío de B'aakal perdeu parte do seu dominio no leste.[5]
O monumento 122 descuberto en Toniná, mostra a Joy Chitam II como prisioneiro do señorío de Po' Winiko' ob' sinalando a data da súa captura 9.13.19.13.3 13 ak'bal 16 yax, que equivale ó 26 de agosto de 711.[6] Descoñécese a data da súa morte, mais algúns maianistas, como David Freidel e Linda Schele, suxeriron que puido ser asasinado ou sacrificado polos seus inimigos.[7] É probable que durante a época do seu cativerio, un personaxe chamado Ux Yop Huun exercese unha especie de rexencia en Lakam Ha' (Palenque).[8]
Obras arquitectónicas
editarDurante o seu goberno construíu o Templo XIV, así como a galería que conecta a Casa “A” coa Casa “D” do Palacio de Palenque.[9]
Notas
editar- ↑ Skidmore, 2008; 77
- ↑ Florescano, 2009; 235
- ↑ Bernal, 2011; 321
- ↑ Malvido, 2009; 190-194
- ↑ Bernal, 2011; 320
- ↑ Skidmore, 2008; 78
- ↑ Skidmore, 2008; 79
- ↑ Stuart, 2010; 155: A súa tradución podería ser Banda para a Cabeza de Tres Follas, aínda que Linda Schelem referiuse a el como o deus Bufón ou Xoc. Floyd Lounsbury suxeriu que esta personaxe fora o sucesor de Joy Chitam.
- ↑ Bernal, 2011; 324
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bernal Romero, Guillermo (2011). El señorío de Palenque durante la Era de K'inich Janaahb' Pakal y K'inich Kan B'ahlam (615-702 d.C.) (PDF). Universidade Nacional Autónoma de México, Histomesoamericana. Consultado o 27 de decembro de 2012.
- Florescano, Enrique (2009). Los orígenes del poder en Mesoamérica. México: Fondo de Cultura Económica. ISBN 978-607-16-0140-7.
- Grube, Nikolai (2006). Los mayas. China: Könemann. ISBN 978-3-8331-1959-0.
- Skidmore, Joel (2008). "The Rulers of Palenque. A Beginner's Guide" (PDF). Mesoweb Publications. Consultado o 16 de decembro de 2012.